O Vive Nigrán aumenta o seu cartel con Shinova e Mounqup
Os vascos Shinova chegarán a Vive Nigrán da man de Vibra Mahou o 17 de xullo nun concerto enmarcado na Sesión Vibra Mahou, na que participará tamén a artista franco-galega Mounqup nunha actuación vinculada á colaboración establecida entre a cervexeira, a Fundación Paideia Galiza e a Escola de Organización Industrial (EOI). As entradas xa están á venda.
Con estas últimas confirmacións, o festival Vive Nigrán xa suma sete artistas repartidos en tres xornadas: Locoplaya e Verto o xoves 15 de xullo, Natalia Lacunza e Ginebras o venres 16 e Shinova, Mounqup e Sidecars o sábado 17. Celebrarase no campo de fútbol de Monte Lourido, situado a escaso metros de Praia América.
Estas últimas incorporacións formarán parte da Sesión Vibra Mahou, que será o sábado 16 á hora do vermú, e cuxas entradas serán independentes das do concerto de Sidecars. A Sesión abrirá as súas portas ás 12:00 e comezará coa actuación de Mounqup, á que seguirá, a continuación, a banda biscaíña. As persoas que xa teñan a súa entrada comprada para algúns dos días do festival poderán beneficiarse e asistir a esta sesión a través da compra dun suplemento cun custe de 4€.
Concibido como un “ Picnic pop festival”, Vive Nigrán nacía en 2017 coa intención de ofrecer música e entretemento nun marco incomparable, situado na bahía de Nigrán e co impoñente perfil das Illas Cíé de fondo. Incluído no circuíto “Festivais Rías Baixas”, e dentro da marca FEST GALICIA, aúna e fusiona diferentes experiencias para todas as idades: praia, monte, mar, gastronomía, talleres e sobre todo boa música. Artistas agora consagrados, como Novidades Carminha, Nathy Peluso, Depedro, Sidonie, Viva Suecia, Morgan, Rufus T. Firefly ou Anni B Sweet, xa pasaron polo festival, que sempre está cos ollos ben abertos ao talento emerxente.