CAMELIAS MASCOTAS

Underfest volve en outubro con 6 días de música

A cuarta edición do Festival Underfest SON Estrella Galicia terá lugar na nosa cidade entre o 7 e o 12 de outubro. Aínda non se coñecen os artistas que compoñerán o cartel desta edición, pero os abonos xa están á venda por un prezo de 55€ máis gastos de xestión.

Este outono Vigo volverá encherse de música grazas ao Underfest. O festival caracterízase por levar a diferentes salas e espazos da cidade a artistas locais e de sona internacional. O pasado ano, por mor da pandemia, as salas de concerto estaban pechadas polo que o evento tivo que experimentar novos escenarios, principalmente teatros, pero cabe esperar que este ano xa poda volver ás salas viguesas.

Unha das novidades desta edición é que o festival será máis extenso. En total seis días ofrecendo música por diferentes espazos e localizacións da cidade. Os primeiros nomes que compoñerán este cartel desvelaranse proximamente. Nas tres edicións anteriores puidemos gozar de artistas como Benjamin Clementine, Peaches, Eli ‘Paperboy’ Reed ou Egosex. Os primeiros abonos xa están á venda a un prezo de 55€ + gastos de xestión.