UVIGO
FILLOAS

O Underfest lanza á venda unhas camisetas para apoiar as salas

Baixo o lema “Support your local music dealer” (apoia ao teu distribuidor local de música), o festival Underfest e a promotora viguesa Sweet Nocturna buscan recadar fondos para apoiar as salas de concertos da cidade. Cun custe de 10€ máis gastos, todos os beneficios irán destinados a esta causa.

Aínda que é difícl apoiar as salas de música cando levan meses pechadas, agora podemos poñer o noso gran de area á causa: mercando as camisetas de “Support your local music dealer” que o Underfest acaba de sacar á venda, estaremos destinando cartos a salvar un dos nosos grandes bens culturais desta terrible crise. Como se demostrou nas anteriores edicións, as salas supoñen unha parte fundamental do proxecto e do tecido cultural da cidade. O prezo das prendas será de 10€ máis gastos de envío e xa se poden mercar en Ataquilla. Proximamente tamén estarán dispoñibles en puntos físicos de venda, aínda por confirmar.

En canto ao festival, esta terceira edición reducida parece estar tendo o mesmo éxito que as súas predecesoras. Os abonos para os tres días xa están esgotados, o mesmo que as entradas para a xornada do sábado 26 no Auditorio Municipal, onde actuarán Blanco Palamera, Rusowsky e Mori. Para os outros dous concertos, que serán en espazos con capacidade para 400 persoas, aínda quedan billetes.

CAMELIAS NADAL

Un dos atractivos desta edición é que catro dos sete artistas que conforman o cartel pisan por primeira vez terras galegas, polo menos para actuar: Tito Ramírez, Egosex, Rusowsky e Mori. Todos eles músicos con traxectorias moi respectadas e prometedoras que teñen actuado en prestixiosos festivais ao longo do Estado. Tamén resulta interesante que un festival de indie-rock aposte pola música clásica, como sucederá na xornada inaugural coa homenaxe que a Orquestra Clásica de Vigo brindará ao mítico compositor Ennio Morricone. Un concerto que, segundo a directora do evento Raquel Seijo, foi dunha gran complicación organizar por cuestións económicas e de loxística. Consulta aquí o resto da programación.