O Son do Camiño anuncia a The Prodigy e desvela o cartel por días
O festival compostelán vén de anunciar novos artistas para a edición deste verán, que se celebrará os días 12, 13 e 14 de xuño no Monte do Gozo. The Prodigy, Amaia, Paul Thin, Héctor Llamazares e Karras Martínez súmanse a un cartel que xa contaba con grandes nomes do panorama nacional e internacional. Ademais, desvelouse a distribución por días de cada un dos concertos. Merca aquí o teu abono.

O festival máis grande do norte de España (xunto co Resurrection Fest) e un dos máis recoñecidos do país, O Son do Camiño, desvela hoxe os novos artistas que se suman ao seu ambicioso cartel para a edición 2025: The Prodigy, Amaia, Paul Thin, Héctor Llamazares e Karras Martínez. Un ano máis, o evento promete ser un referente na música nacional e internacional cun cartel do máis variado. Ademais, o festival anuncia a súa esperada programación diaria, cuxa venda estará dispoñible a partir do próximo martes 1 de abril ás 12:00 h. desde 59€ só na web do festival.
Os novos artistas
The Prodigy
Os míticos The Prodigy aterran en O Son Do Camiño 2025 para ofrecer unha experiencia única chea de enerxía e adrenalina. Con máis de 30 anos de carreira e unha lexión de fans en todo o mundo, a banda británica traerá os seus grandes éxitos e o seu explosivo directo a Galicia. Considerados pioneiros do xénero electrónico, o seu estilo único marcou a varias xeracións e consolídanse como unha das bandas máis influentes da música electrónica de todos os tempos.
Amaia
A cantante e compositora Amaia únese ao festival coa súa voz inconfundible e o seu estilo que fusiona pop, indie e folk. Tras o seu exitoso paso polos escenarios máis importantes de España, Amaia continúa conquistando ao seu público cun son moi persoal e unha posta en escena única. A artista navarra, que se converteu nunha das grandes figuras da música nacional, promete emocionar cun repertorio que inclúe temas do seu último disco e outras sorpresas para os seus seguidores.
Paul Thin
O que foi parte de Operación Triunfo 2023, Paul Thin converteuse nun dos artistas do momento. A súa naturalidade e talento chamaron a atención de centos de miles de persoas que están atentas aos seus pasos. O cantante, con singles como “Onde” é un dos artistas do momento no noso país.
Escenario Son Electro by Repsol: DJs residentes
O Son Do Camiño 2025 contará cunha das propostas máis innovadoras dentro da música electrónica, o escenario Son Electro by Repsol. Ao xa impresionante cartel con algúns dos principais nomes nacionais e internacionais, hoxe engádense aos DJs residentes Héctor Llamazares e Karras Martínez. Unha programación, a deste escenario, que promete ser, un ano máis, unha das grandes protagonistas do festival.
Programación por días
Xoves 12: Duki, Bryan Adams, Franz Ferdinand, Mikel Izal, Nil Moliner, Dollar Selmouni, Paul Thin, Galician Army
Escenario SON Electro By Repsol: Barbara Lago, Bengal, Desfase, Indira Paganotto, Teresa Ferreiro, Vendex
Venres 13: Kings of Leon, Bad Gyal, Kase.O, Amaia, Carolina Durante, Juan Magán, Siloé, Merino
Escenario SON Electro By Repsol: Adiel, Âme (Live), Andrés Campo, Hector Llamazares, Karras Martínez, Mano le Tough
Sábado 14: The Prodigy, Estopa, Amaral, Steve Aoki, Dani Fernández, La La Love You, Lia Kali, Marlena, The Rapants, Taïn
Escenario SON Electro By Repsol: Dennis Cruz, Honey Dijon, Jayda G, Tsha, Viviana Casanova, Yahaira
