REVISTA ABRIL

O Sinsal volve ao Museo do Mar este setembro

REVISTA ABRIL

Música, mar e historia volverán ser os ingredientes principais do Festival Sinsal Son Estrella Galicia Museo do Mar, que se celebrará o 7 e 8 de setembro. Tras o éxito da primeira edición repiten cun evento que conxugará música, gastronomía e obradoiros.

Se no mes de xullo, Sinsal SON Estrella Galicia converte a illa de San Simón nun espazo no que vivir a música en directo de maneira relaxada na boca da Ría de Vigo, en setembro a marca continúa ligada ao patrimonio do mar durante o fin de semana do 7 e 8. Durante os dous días no Museo do Mar de Galicia: diferentes concertos nas súas instalacións, actividades e oferta gastronómica, aproveitando o xardín e a zona exterior desta localización privilexiada da cidade de Vigo.

Nos próximos días irán anunciándose os concertos e as entradas sairán á venda no mes de xullo. Ademais tal e como aconteceu na pasada edición, as persoas que adquiran entrada para o Sinsal Museo do Mar de Galicia poderán acceder a unha prevenda exclusiva en 2020 para Sinsal SON Estrella Galicia (San Simón, Redondela).