CAMELIAS MASCOTAS

O Ribeira Sacra Festival confirma a súa quinta edición

17° Ribeira Sacra Festival confirma que volverá en do 16 ao 18 de xullo de 2021. Un ano moi especial para o festival, no que celebra a súa quinta edición; e para o territorio, coa resolución da candidatura a Patrimonio da Humanidade. 17° Ribeira Sacra Festival é unha cita anual na que música, patrimonio, paisaxe, gastronomía e viño únense para crear unha experiencia de ocio moi singular.

REVISTA NOVEMBRO

O Festival da Riberira Sacra confirma que volverá para celebrar o seu quinto aniversario e lanza os primeiros abonos, xa dispoñibles na billeterira de Ataquilla por 48 € + gastos, ainda que non se coñecen nomes dos artistas participantes. O abono inclúe as entradas do días 16, 17 e 18 de xullo.

A pasada edición de 17° Ribeira Sacra Festival foi, sen dúbida, a máis difícil ata a data, dada a situación sanitaria, cumprindo con todas as expectativas. 17° Ribeira Sacra Festival conseguiu unir propostas musicais e actividades nun evento que, a pesar do seu formato reducido e medidas de seguridade, nunca perdeu a sensación de festival, tal e como vos contamos entón. Pese aos contratempos, en 2020 o Ribeira Sacra foi recoñecido como o “ Best Small Festival” de toda España polos Iberian Festival Awards. Un recoñecemento que reafirma a súa importancia en todo o territorio, así como a súa proxección nacional e internacional do certame de música, paisaxe e gastronomía, que recibe o seu nome dos graos de inclinación dos terreos vinícolas que abundan

En cada un dos seus espazos (adegas, miradoiros, un catamarán) o festival ofrece a oportunidade de vivir a Ribeira Sacra dunha maneira diferente. A través das súas diferentes edicións, 17º Ribeira Sacra Festival quixo reinterpretar a personalidade do territorio a través de figuras nacionais e internacionais da música, a cultura, o viño, a gastronomía, o patrimonio… todos eles embaixadores da mensaxe do festival dentro e fóra das nosas fronteiras. En 2021, 17º Ribeira Sacra Festival, que volverá contar co patrocinio de Cervexas Alhambra, celebrará a súa quinta edición do 16 ao 18 de xullo.