JORGE PARDO

Festigal abre o prazo do IX concurso de bandas Novos Valores

O gañador do concurso de bandas impulsado por Festigal recibirá 500 € e abrirá os concertos do festival. O prazo de inscrición está aberto ata o 20 de abril e, como novidade, será o público quen decida ao gañador nun concerto cos finalistas.

Concerto no Festigal 2023 | Festigal

O Festigal lanza a IX edición do concurso Novos Valores para a promoción e a divulgación de novos creadores musicais en galego. Na anterior edición, o dúo de pop urbano Filloas foi elixido gañador do concurso.

O prazo para presentar os traballos está aberto desde o 21 de marzo atao 20 de abril. Poden inscribirse tanto grupos amadores, como profesionais de calquera estilo, sempre que a ideade media non supere os 35 anos e empreguen a lingua galega nas súas letras. Os interesados deberán presentar un mínimo de tres temas en galego, así como unha ficha de inscrición e unha interpretación en vídeo. As bases completas poden consultarse na web festi.gal.

DEPO

Un xurado formado por oito organizadores e artistas decidirá as tres bandas finalistas. Como novidade desta edición, a banda gañadora decidirase por votación popular nun concerto que se celebrará o sábado 10 de maio na Sala Sónar de Santiago de Compostela. A banda gañadora actuará no escenario principal do Festigal, na noite do 24 de xullo de 2025, e recibirá unha dotación económica de 500 € con gastos de aloxamento, manutención e desprazamentos cubertos por parte da organización.