VIALIA
bannerPicnicSesions

O Marisquiño tamén se saborea grazas a Vigo Gastronómico

Ademais das competicións deportivas e a música, O Marisquiño contará cunha oferta gastronómica importante, entre elas a da asociación Vigo Gastronómico que despregará un amplo espazo no peirao de transatlánticos durante os tres días do festival dando un servizo especializado e de calidade a todo o público do evento.

REVISTA ABRIL
Membros de Vigo Gastronómico preparando uns petiscos a bordo dun barco en 2021 | P. Cermeño

Vigo Gastronómico é un grupo de restaurantes vigueses nado o no verán de 2020 que se uniron para ofrecer experiencias culinarias e turistícas fóra das paredes dos seus establecementos. Está formado por chefs comprometidos coa calidade dos seus produtos e a innovación constante na cociña e o sector hostaleiro, todos eles ben coñecidos e recoñecidos polos vigueses: Niño Corvo, Mijo, Lume de carozo, La Carpintería / El Taller, Kero, Morrofino, La Pintxoteca / Pintxoteca Mar, María Manuela, Living, La Contenta, La Sidrería e O Croque.

Desde este xoves 11 e ata o domingo 14 estarán no peirao de transatlánticos alimentando a todos os asistentes do Marisquiño. O horario do xoves será de15:00 a 22:00, mentres que o resto de días será de 12.00 a 01:00 da madrugada. O menú é o seguinte:

  • Talo de porco celta, crocante de millo e cebola en vinagre.
  • Pastrami de atún con ensalada de col e salsa de mostaza.
  • Brioche roll de bacallau fritido.
  • Cornete de luras con maionesa de lima.
  • Quesadillas de pescada.

Todos estes petiscos irán maridados con viños das bodegas Paco&Lola, Méndez Rojo e Finca Viñoa. Á hora do vermú ofrecerán tamén empanada galega tradicional de zamburiñas, escabeche xaponés de mexilón de batea e croqueta cremosa de polbo á feira.

Algúns dos membros de Vigo Gastronómico en 2021 | P. Cermeño