O Marisquiño presenta unha programación musical baseada na diversidade
O Marisquiño presentou este mércores a programación músical da súa XXIV edición que aposta pola diversidade artística e identitaria e que contará con bandas e artistas que representan aos distintos estilos da música urbana. Reality, Rusowsky e ABHIR serán os cabezas de cartel das tres xornadas de concertos que terán lugar do venres 9 ao domingo 11 de agosto no escenario Vibra Mahou, situado no Aparcadoiro 2 da praia de Samil.
A programación musical de O Marisquiño acolle este ano 13 propostas e a unha trintena de artistas sobre o escenario que van dos sons urbanos do hip-hop, rap e R&B ao neo-pop emocional, o funk carioca, o dembow e outros sons tropicais, ou a electrónica orientada a axitar a pista de baile. O Marisquiño conta co apoio de Vibra Mahou, a plataforma de música de Mahou Cinco Estrella que xera encontros en torno ao directo
Chegados desde Barcelona, Madrid, Canarias, Arxentina ou Galicia, e con raíces indias, africanas, mexicanas, bielorrusas ou brasileiras, todos eles representan a diversidade e pluralidade dunha escena musical (e social) cada vez máis global. Un ano máis O Marisquiño aposta por un cartel paritario no que destacan especialmente artistas como Rusowsky, Reality, ABHIR, LaBlackie, Kyne e Six Sex.
Reality (Venres 9 de agosto) é un dos artistas emerxentes da escena urbana madrileña que más está despuntando. Rusowsky (Sábado 10 de agosto) é un deses músicos únicos que factura bedroom pop melancólico. ABHIR (Domingo 11 de agosto) é un artista canario de ascendencia india que navega entre o rap melódico e o R&B contemporáneo. As catalás Kyne e LaBlackie orientan o seu son cara ao hip-hop, trap e R&B, e a arxentina Six Sex móvese entre o perreo, a electrónica e os sons rave.
Hai que destacar tamén a sólida representación de artistas locais, sempre moi presentes en O Marisquiño. A viguesa Lua de Santana e os seus sons de funk carioca, a enerxía de Sisters of Rave (a galega Teresa Ferreiro e a asturiana Garrita), e o 10º aniversario das festas Overdose, capitaneadas por Kaixo (artista vigués moi vinculado á familia O Marisquiño) no que presentarán un showcase formado por 9 artistas do seu selo e colectivo. Ademais de lxs DJ Baby Romeo, Tekilas e Carlo & Vali, e o colectivo madrileño Dembooty (CRKS90 & UMAMI), referente do clubbing nacional.
PREME AQUÍ PARA CONSULTAR OS HORARIOS DAS PROBAR DEPORTIVAS DO MARISQUIÑO