CAMELIAS MASCOTAS

O Marisquiño crea tres espazos burbulla aos que só se poderá acudir con entrada

Este xoves 27 pola mañá a organización de O Marisquiño anunciou varias das novidades que nos depara esta edición, como a creación de tres espazos burbulla aos que só se poderá acudir con entrada ou a nova imaxe desta edición, un NFT pioneiro en todo o mundo.

Ao comezo da rolda de prensa Joako Expeleta, director de O Marisquiño, xa avisou que esta era a primeira das varias que terán lugar nas próximas semanas. Isto débese a que estamos ante unha edición anómala e de transición, polo que é preciso informar con claridade de todas as novidades que vaian xurdindo.

A primeira e máis importante é a creación de tres espacios burbulla pola zona do Náutico, que acollerán as probas de skate, BMX e break dance e basket 3×3. Isto implica que só se poderá desfrutar destas probas adquirindo unha entrada gratuíta para cada unha delas, sendo esta invitación nominal e intransferible. No interior será obrigatorio estar sentado e coa máscara posta en todo momento, estando prohibido inxerir alimentos ou cambiar de asento. Estes espazos illados non deixarán ver as exhibicións desde o exterior, polo que se insiste en que ninguén acuda á zona do festival se non ten entrada. A isto súmaselle que entre as diferentes zonas perimetradas non haberá nada: nin grafiti, nin foodtrucks, nin concertos.

REVISTA NOVEMBRO

O festival mantén tres probas de disciplinas que serán olímpicas por primeira vez este ano en Tokyo (skate, BMX e Basket 3×3). Ademais, o break dance fará o propio en París 2024, polo que O Marisquiño continuará a albergar nos próximos anos aos mellores deportistas de cada eido. Ademais, o descenso urbano MTB realizarase como todos os anos pero sen público.

Pola outra banda, o festival presentou a súa imaxe para 2021, cun concepto ben diferente a todos os anos anteriores e a todos os eventos do mundo. Trátase dun deseño de Kike Besada animado por Marcos Mosquera, ambos vigueses, e por primeira vez na historia de calquera evento mundial esta imaxe foi presentada en formato NFT. Que é isto? NFT , que significa “Token No Fungible”, implica que o cartel virtual non se imprimirá en papel pero si poderá se adquirido de maneira dixital na plataforma OpenSea. Só existen 50 copias desta creación a 50€ cada unha, que contan cun certificado NFT de autenticidade que demostran que se trata dun arquivo único. En cada compra dunha destas obras de criptoarte os autores recibirán unha porcentaxe a modo de royalties, polo que se trata dun sistema máis democrático e proveitoso para os artistas que o circuíto artístico habitual.

Continuando con esta aposta polas novas tecnoloxías e a vangarda, co fin de achegarse aínda máis á xuventude nativa dixital, por primeira vez os deportistas poderán cobrar os seus premios en criptomonedas. Ademais, unha vez remate o evento, poderán mercarse NFT de fotografías ou vídeos cos mellores momentos do festival, algo pioneiro nunha iniciativa deste tipo.