REVISTA ABRIL

O Mar de Vigo vén cargadiño de eventos este Nadal

Hoxe presentouse toda a programación do auditorio Mar de Vigo para este Nadal, na que poderemos gozar cunha ducia de espectáculos e concertos para todas as idades e gustos. Coque Malla, Noites de Retranca, O Rei da Sabana ou O Crebanoces son algúns dos atractivos do auditorio para estas datas tan sinaladas, aos que se lle sumará proximamente o parque infantil de Nadal.

Coque Malla na súa última actuación no Mar de Vigo, o ano pasado | Bea Barros

COQUE MALLA. 13 de decembro.

Tras o seu exitoso concerto do pasado ano, Coque Malla comparece no escenario principal do Auditorio coa súa xira ‘Revolución’, na que presenta o seu novo traballo. O cantante chega cunha nova proposta de espectáculo e musical. E proxéctao desde a súa propia imaxe, con tinguiduras máis radicais para un traballo máis reflexivo e no que dá un paso adiante no simbolismo poético que xa marcaba moitas das súas cancións.

RUBÉN SIMEÓ e a Orquestra Filarmónica 430. 14 de decembro.

Vigués de 1992 e Premio Europeo da Cultura, Rubén Simeó é un dos mellores trompetistas de España na actualidade. Toca regularmente con grandes orquestras e grandes bandas sinfónicas de todo o mundo. Como profesor, impartiu clases maxistrais en países de 4 continentes. Chega acompañado da Orquestra Filarmónica Vigo 430,

O REI DA SABANA. 15 de decembro.

O rei da sabana é un dos musicais preferidos polos máis pequenos. Chega a Vigo en a versión da Asociación Cultural Musical CODA, tamén coñecida pola exitosa adaptación do Musical Shrek, de DreamWorks. Este espectáculo conta cun elenco formado por trece solistas e un coro de máis de vinte voces.

TRIBUTO A THE BEATLES: The Meresey Beatles. 20 de decembro.

En setembro de 2015, The Mersey Beatles bateron o récord das actuacións dos propios Beatles no mítico The Cavern. Xa deran máis de 500 concertos como os artistas residentes do club. O Liverpool Daily Post descríbeos como a banda residente do Cavern Club que recrea a emoción dos Beatles e unha contorna auténtica, mentres o crítico sueco Roger Carlsson asegura que The Mersey Beatles soan en vivo como os verdadeiros The Beatles.

O CREBANOCES. Por Moscow State Ballet. 21 de decembro.

Chega a Vigo un dos mellores ballets rusos. Con máis de 30 bailaríns en escena, esta suntuosa produción do Moscow State Ballet captura toda a beleza e o drama do auténtico ballet romántico, un clásico atemporal que apela a calquera xeración.

ALABAMA GOSPEL CHOIR. 22 de decembro.

Un percorrido intenso desde as cancións espirituais do século XIX, de profundas raíces relixiosas, ata unha homenaxe ás cancións de protesta e marchas pola liberdade. Alabama Gospel Choir está formado por 20 artistas que plasman a historia do Gospel nun concerto único.

NOITES DE RETRANCA. Especial Nadal. 26 de decembro.

O espectáculo galego de humor máis visto de todos os tempos, Noites de Retranca, volve a Vigo por Nadal. Esta vez con Touriñán e Oswaldo Digón, dous cómicos que encheron o Auditorio Mar de Vigo, de persoas e de moitas risas, en ocasións anteriores. Son datas especiais para as Noites de Retranca, e xa non só porque é Nadal. Tamén porque cumpren 10 anos.

LA GRANJA DE ZENÓN. 27, 28 e 29 de decembro.

Chega por primeira vez a España o musical de La Granja de Zenón, a serie infantil de fala hispana máis seguida a nivel mundial. Vigo será a segunda cidade á que traian as súas aventuras, despois de Madrid. Haberá 6 funcións dun espectáculo que xa foi visto en América por máis de 300.000 persoas.

PUZZLE KIDS. 2 de xaneiro.

Puzzle Kids é un concerto diferente, composto por temas musicais archiconocidos de toda a vida e cancións dos personaxes favoritos de nenos e nenas, todas elas con coreografías sinxelas e fáciles de aprender. Os compoñentes do grupo, Seda, Brenda, Yaiza, Alex e Kiko, son cántanos e bailan na gran festa dos nenos.

MARÍA FUMAÇA. 3 de xaneiro.

María Fumaça é un proxecto musical de celebración da vida. Ducias de artistas cantando a alegría de vivir. Uxía, Sérgio Tannus, Magín Blanco, Isaac Palacín, Tanxarina, Carlos Blanco, ou noso Ruí, Familia Domínguez Senlle e moitas amigas e amigos… viaxan xuntos non espectáulo máis festeiro que nunca houbo nin haberá.

O LAGO DOS CISNES. Por Moscow State Ballet. 10 de xaneiro.

REVISTA ABRIL

De novo co Moscow State Ballet, unha cativadora historia de amor dun príncipe, unha fermosa nova transformada en cisne polo esconxuro dun bruxo, un engano mortal, a forza da música de Tchaikovski, e un dos máis grandes pas de deux do repertorio do ballet, converten esta representación do Lago dos Cisnes nunha experiencia única.

NOITES DE RETRANCA. X ANIVERSARIO. 11 de xaneiro.

Especial X Aniversario de Noites de Retranca. Con Dani Mateo, David Perdomo e Manuel Manquiña cos Fabulosos Weekend. Cumprir dez anos levando humor e risas por Galicia adiante merecen festexalo. Por primeira vez neste dez anos, Noites de Retranca ábrese a artistas de «había ido» e, para facelo contaremos cun artista retranqueiro como nos… Dani Mateo. Un show con música en directo, a dos «Fabulosos Weekend», e as actuacions de Manquiña, David Perdomo e Dani Mateo