CAMELIAS MASCOTAS

O HematoFesti trae a Super Mario Bros ao Museo Marco

O festival de literatura infantil e humor, HematoFesti, establecerá unha zona gaming no Museo Marco que estará aberta desde o mércores 6 ata o domingo 10, co novo xogo de Nintendo, Super Mario Party Jamboree, como atracción principal.


Super Mario Bros desembarcará no Museo Marco dentro da da programación do Festival de Humor e Literatura Infantil HematoFesti. en homenaxe ao escritor Miguel López, O Hematocrítico. A través dunha colaboración con Nintendo, o evento habilitará unha zona de videoxogos., centrados no universo de Super Mario. Todos os títulos deste espazo gaming teñen en común o seu espírito luminoso e o seu humor amable, moi en liña cos valores do festival. A gran estrela será Super Mario Party Jamboree, un videoxogo que conta con máis de 110 mini xogos pensados para que todo o mundo (sen importar a súa idade ou o seu nivel de destreza) poida gozar esde o primeiro momento.

REVISTA NOVEMBRO

O amor do Hematocrítico, polos xogos de Nintendo remóntase a anécdotas mesmo familiares, como as artidas de Luigi’s Mansion 3 que se xogaban na súa casa, ou as súas recensións de títulos de Switch en medios de comunicación como a revista GQ. Compartía con estes xogos un espírito divertido e amable, que convida a sacar a xogar a nosa crianza interior. É por iso que a zona destinada aos videoxogos tiña que estar impregnada desa filosofía compartida, case desa conversación social na que mediante o xogo transmítense valores como a amabilidade, a paixón e o compañeirismo.

Ademais, Pedro Mañas e Ledicia Costas, dous dos autores máis relevantes da literatura infantil española, estarán conversando o xoves 7 ás 17:30 horas no Marcosobre a relación que existe entre a creatividade e a diversión que achegan os videoxogos, coa aprendizaxe e a interxeracionalidade. Do que pode achegar o uso intelixente de xogos como os de Nintendo, e de como, do mesmo xeito que acontece coa literatura infantil, os videoxogos contan cunha gran masa de afeccionados entre o público adulto.

O espazo gaming do HematoFesti estará aberto desde o mércores 6 de novembro ata o domingo 10 de 16:00 h a 20:00 h; ademais o sábado e o domingo tamén será posible gozar deste espazo en horario matutitno de 10:00 h a 14:00 h, o acceso será libre ata completar aforo. Ademais de Super Mario Party Jamboree, os asistentes poderán xogar a outros títulos do universo Super Mario, como, por exemplo, Mario Kart 8 Deluxe ou Super Mario Bros. Wonder: unha selección de xogos destinados a que o espazo sirva para reivindicar a risa, o pracer de xogar a calquera idade e a conexión con outras persoas, tres cousas que Miguel dicía atopar nos videoxogos, e que os xogos de Super Mario representan moi ben.