VEGANA

Super Bock Super Rock busca ao próximo artista emerxente en Vigo

Super Bock Music Unlock busca bandas e artistas emerxentes a través dun concurso. O vencedor do concurso subirá ao escenario do festival portugués Super Bock Super Rock. Os interesados poden inscribirse ata o día 24 de outubro nesta ligazón.

A marca de cervexa portuguesa Super Bock, busca novos talentos no mundo da música a través do concurso de bandas Super Bock Music Unlock. O vencedor conquistará un lugar na carteleira da 27ª edición do Festival Super Bock Super Rock,
que terá lugar os días 13, 14 e 15 de xullo de 2023, en Meco, Portugal. Polo escenario deste festival pasaron bandas como Prince, Red Hot Chili Peppers, The Killers e Arctic Monkeys ou c. Tangana.

O primeiro paso que deberán dar os interesados é inscribirse na web de Super Bock. De todos os inscritos, serán seleccionadas as 20 participacións que se destaquen pola súa orixinalidade e que pasarán á fase seguinte, na que terán que realizar un concerto presencial nun dos espazos nocturnos participantes: o Mondo Club e A Fábrica de Chocolate, en Vigo, entre o 1 de novembro e 10 de marzo.

Nesta primeira fase, o peso das votacións dividirase entre o público presente e o xurado, composto por Luís Montez, director do Festival Super Bock Super Rock; Tiago Castro, músico e locutor de Radio SBSR.fm; Cristina Garcia Dominguez, directora de comunicación e márketing de Esmerarte Industrias Creativas; Pablo Iglesias, produtor musical e director de Mondo Club e Radar Estudos así como Marcos Vázquez Silva, xerente do Club A Fábrica de Chocolate. Serán responsables de escoller conxuntamente ás 12 bandas finalistas da
lista que irán a votación na web do concurso.

REVISTA OUTUBRO

As 5 bandas máis votadas pasan á final e poden gañar un dos dous premios dispoñibles: a posibilidade de actuar no escenario do Super Bock Super Rock, se quedan en primeiro lugar, ou de tocar na estación de radio SBSR.fm, en Lisboa, se quedan segundos.