REVISTA ABRIL

Manuel Quintana trae os seus ‘Conteiners’ ao MARCO

Este luns inaugurouse na planta baixa do museo MARCO a exposición do artista galego Manuel Quintana. A mostra reúne por primeira vez a serie Containers, practicamente inédita e na que leva traballando desde 2012, baseada nun conxunto de contedores tratados como presenzas escultóricas en diferentes formatos que abarcan desde bocetos e debuxos de pequeno formato ata acuarelas a grande escala. Poderá visitarse ata o 27 de febreiro.

Manuel Quintana (Roxas, 1946) é un artista fundamental na historia da arte galega. Vinculado co movemento Atlántica dos anos oitenta e moi influenciado polo art pop dos noventa, a súa proxección internacional lévalle a expor en galerías de Nova York, Caracas, Miami e Oporto. Actualmente, e tras un paso como docente pola Universidade de Santiago de Compostela, céntrase na súa actividade artística.

REVISTA ABRIL

É neste último periodo onde ten lugar a xénese desta serie na que atopamos 42 containers, uns elementos que non chaman moito a atención e están vinculados co residuo humano en domicilios, obras… Asegura que moitos deles parten dun “momento espontáneo”, aínda que, nalgunha ocasión, tivo que “volver ao día seguinta na procura dunha mellor luz”. Ademais, moitas das pezas variaron ata tres veces ata chegar ao seu resultado final. O autor cólleos e lévaos a unha nova dimensión guiado pola súa beleza e a plasticidade. Partindo de diversas expresións que abarcan desde a fotografía, a acuarela e o uso de materiais como a madeira, que outórgalle á obra unha nova dimensión. Na serie destaca unha peza de 2’50 metros de altura e 7 de longo que, co seu gran tamaño colabora no impacto do visitante.

Os cadros conteñen no seu lenzo información sobre o momento no que foron retratados: a hora, o tempo que facía, algún dato do entorno… e o factor artístico vese reforzado pola tipografía que, en cada un deles, é parte esencial e evocadora das influencias de Quintana. Por outra parte, inclúe nesta mostra, unha escolma de bocetos a lápis cos que poder coñecer de primeira man o seu proceso.

Na presentación estiveron presentes o autor, o director do museo Miguel Fernández Cid, o comisario e ex director do Reina Sofía Juan Manuel Bonet, o alcalde e os concelleiros de cultura e igualdade. A exposición poderase visitar de martes a domingo ata o 27 de febreiro no Museo MARCO.