CAMELIAS MASCOTAS

O grupo arxentino Él Mató a un Policía Motorizado únese ao cartel do Underfest

O grupo de La Plata tocará o 22 de setembro en Vigo dentro do seu Tour Terror. O concerto enmárcase na programación do Underfest, un festival que celebra a súa sétima edición en varias salas da cidade.

El Mató a un Policía Motorizado leva máis de dúas décadas facturando enormes cancións e acumulando unha base de fans que non para de crecer. Están nun dos mellores momentos da súa carreira, despois da súa Latin Grammy ao Mellor Álbum de Rock e as súas dúas noites históricas enchendo o estadio Luna Park de Buenos Aires. O 22 de setembro, os arxentinos estarán en Vigo seducindo ao público co seu elaborado indie rock no que combinan desde pop ata punk e no que predominan as guitarras distorsionadas.

REVISTA NOVEMBRO

Despois do seu celebrado álbum La Síntesis O’konor, que marcou unha época no son da banda, chega Súper Terror, o seu esperado último disco. As súas dez cancións teñen un percorrido heteroxéneo sen deixar de manifestar nas súas formas e rexistro un momento especial da banda, a post pandemia, o futuro incerto, as rupturas e os novos comezos. Cada escena é contada coa poesía certeira de Santiago Motorizado, e completadas polas melodías épicas e entrañables que son marca de estilo clásico del Mató a un policía motorizado.

Esta é a quinta banda confirmada polo Underfest. O festival volve en setembro aos escenarios vigueses e no seu cartel xa encontramos a Richard Hawley, Gigolo Aunts, Fink e La Cendejas. Como cada ano, a aposta é devolver á música ás salas despois do verán con nomes portentes e coñecidos e outros que suporán un descubrimento para o público. As entradas aínda non están á venda.

Festival Underfest foi premiado en 2024 como “Best Indoor Festival” nos Iberian Festival Awards, que seleccionan algúns dos mellores festivais que levan a cabo en España e Portugal, o festival consolídase así como unha das propostas máis valoradas por prensa, público e profesionais do sector.