COSTEIRASONORA
REVISTA VERAN

Vigo únese a Harry Potter Book Night

Fans de Harry Potter este xoves tedes unha cita na Praza Elíptica coa Harry Potter Book Night. Por terceiro ano consecutivo a Asociación Freak de Vigo únese á iniciativa que a editorial Bloomsbury propón dende Inglaterra e que se reproduce por todo o planeta.

O tema proposto pola editorial para esta edición é Animais Fantásticos. No evento vigués, os asistentes terán que participar nunha gymcana de probas relacionadas con esta temática. Todos os que a superen entrarán no sorteo da saga completa de Harry Potter en galego. Ademais, todos aqueles que se acheguen ao evento ataviados con algún complemento que faga referencia ao mundo máxico creado por J.K. Rowlling, levarán un pequeno obsequio.

SONRIAS

A iniciativa, que naceu no ano 2015, ten como obxectivo que a historia de Harry Potter pase de xeración en xeración e os máis pequenos se introduzan tamén nese mundo fantasioso. Os organizadores animan a empregar o hashtag #HarryPotterBookNight para amosar nas redes sociais as vivencias que se están a compartir arredor deste evento en distintas partes do mundo. Como se pode consultar neste mapa son cada vez máis as cidades que celebran ao neno mago e conseguen manter viva a súa historia