O festival Vive Nigrán anuncia unha edición especial para este verán
A cuarta edición do Festival Vive Nigrán celebrarase os días 17 e 18 de xullo. Iso si, para cumprir coas normas sanitarias, cambia de ubicación e opta por un formato máis reducido tanto para os concertos como para as actividades.
Annie B Sweet e Rufus T. Firefly serán os encargados de poñer a nota musical ao Vive Nigrán 2020
Picnic Club Edition. O festival se celebrará o venres 17 e o sábado 18 de xullo nas Pistas de Tenis de Praia América (Nigrán), na procura dun formato máis acolledor e exclusivo, pero sen renunciar a estar ubicados a escasos metros da praia.
A cantante e compositora malagueña Annie B Sweet subirá ao escenario o venres nun dos mellores momentos da súa carreira. O ano pasado publicaba o seu último disco ‘Universo para estrenar’, un traballo cargado de psicodelia e ritmos sesenteros. O sábado será a quenda de Rufus T. Firefly, unha das bandas que máis eloxios ten recibido nos últimos anos da prensa especializada. A estas actuacións se sumarán as doutros artistas convidados que iremos coñecendo nos próximos días.
Nas edicións previas o festival Vive Nigrán ofreceu actividades paralelas á música, concebidas para gozar da natureza propia do emprazamento, a praia o mar e a visita a lugares de interese cultural do Concello. Este ano o número de actividades redúcense pero si que haberá bautismos de surf en Praia América e Kaiak marítimo en Panxón.
As entradas para asistir ao festival poranse a venda a partir deste venres a través de ataquilla.com en dúas modalidades: entrada diaria de 15€ máis gastos de xestión e pase para os dous días por 25€ máis gastos de xestión.