CIRCO DE NADAL
CAMELIAS NADAL

O Vive Nigrán anuncia actividades paralelas e os horarios dos concertos

O festival Vive Nigrán regresa na súa 5ª edición ao recinto no que naceu en 2017, o Campo de fútbol de Monte Lourido, coas entradas case esgotadas e unha boa cantidade de actividades paralelas como rutas en kaiak, bautismo de surf e un roteiro guiado. Celebrarase do 15 ao 17 de xullo.

Bautismo de pádel surf nunha edición anterior do festival | Cedida

Vive Nigrán é moito máis que música e por iso nesta edición volven as actividades complementarias cun programa que comeza cun roteiro guiado por Monteferro o mércores 14, a partir das 19:00. Esta actividade contará cun aforo reducido de 10 prazas. Para acceder a elas hai que ser seguidor en Instagram do festival (@vivenigran) e inscribirse por correo electrónico (comunicacion@vivenigran.com) achegando comprobante de ter entrada para esta edición do festival. A segunda actividade paralela será un concerto gratuíto da Escola de Rock Gain Over de Nigrán na Igrexa románica de Santiago de Parada o venres 16, desde as 13:00h no que participarán alumnos e profesores da Escola. Estas dúas accións encádranse dentro do programa Vive Patrimonio.

Por outra banda, Vive Nigrán prepara tamén o programa Vive Activo, centrado na actividade deportiva, cun forte comoñente de lecer e adaptadas a todos os niveis. O mar é o protagonista de sábado 17, para o que están programados un roteiro de kaiak e pádel surf, de 16:00 a 18:00,en Praia América. Para o roteiro, organizado en colaboración co Club Marítimo de Panxón, sortéanse 10 prazas entre as persoas que manden un correo electrónico a comunicacion@vivenigran.com e acheguen a súa entrada e sexan seguidores do festival en Instagram. Estas actividades complementarias do festival realízanse coa colaboración da Deputación de Pontevedra, dentro do programa Rías Baixas Fest.

No apartado musical, os abonos e as entradas para o concerto de Sidecars o sábado 17 de xullo están esgotadas. Seguen dispoñibles os últimos pases para o xoves 15, venres 16 e a Sesión Vibra Mahou do sábado 17 en horario matinal, que poden adquirirse a traves da billeteira Ataquilla. O festival adáptase nesta edición a un formato especial con aforos limitados e público sentado.

Recordamos o cartel:

Xoves 15
Walls (20:00h)
Verto (21:30h)
Locoplaya (22:50h)

CAMELIAS NADAL

Venres 16
Natalia Lacunza (20:30h)
Ginebras (22:30h)

Sábado 17 vermú
Mounqup (12:30h)
Shinova (13:30)

Sábado 17 tarde
Sidecars (entradas esgotadas)