VIALIA
bannerPicnicSesions
Coque Malla

O Festival Terraceo lanza abonos que inclúen entradas para Coque Malla, Carlos Sadness e Rober Bodegas

A semana pasada o Festival TerraCeo lanzaba á venda uns abonos sorpresa con entradas para concertos que xa colgaran o cartel de completo. Mañá volve lanzar esta iniciativa con entradas combinadas para os concertos de Coque Malla, Carlos Sadness, Alejo Estivel & Amaro Ferreiro, Rober Bodegas e Noites de Retranca.

Coque Malla
Coque Malla e o cuarteto irrepetible no Mar de Vigo | Beatriz Barros

O Festival TerraCeo lanza mañá martes, día 14 de xullo, ás 14:00 horas a segunda entrega dos seus abonos sorpresa. Inclúen entradas para 4 dos concertos programados e para dous dos espectáculos de humor que se celebran nos próximos días. Os primeiros abonos sorpresa, postos á venda a semana pasada, foron moi ben acollidos. Aínda que se trata dunha cantidade limitada de abonos, permitiron a algunhas das persoas que non conseguiran entradas para os concertos aos que querían asistir ter unha oportunidade de adquirilas. TerraCeo reservara unha pequena cantidade de entradas por evento –ao redor de 25-.

Este martes, ás 14.00 horas, TerraCeo lanzará os seguintes abonos a través de Ataquilla:

– ABONO COQUE MALLA + ALEJO ESTIVEL & AMARO FERREIRO. 35 €
– ABONO CARLOS SADNESS + ALEJO ESTIVEL & AMARO FERREIRO. 35 €
– ABONO ROBER BODEGAS + NOITES DE RETRANCA. 25 €

Cun aforo máximo de 400 prazas distribuídas mantendo as distancias entre os 2.000 metros cadrados de azotea do Mar de Vigo, as noites de TerraCeo están pensadas como veladas ao aire libre para gozar da compañía, a música e a paisaxe.

REVISTA ABRIL

O calendario completo de concertos polo momento está así:

Xullo:

  • Venres 3 e sábado 4: Los Secretos
  • Venres 10 e sábado 11: Andrés Suárez
  • Domingo12: Luis Zahera
  • Xoves 16: Rober Bodegas
  • Venres 17: Pablo López
  • Domingo 19: Amaral
  • Venres 24: Ariel Rot e Federico Lechner
  • Sábado 25: Noites de retranca
  • Domingo 26: Mclan
  • Xoves 30: Coque Malla
  • Venres 31: Álex Ubago 

Agosto:

  • Sábado 1: Santi Balmes, Julián Saldarriaga e Dani Ferrer
  • Domingo 2: Don Patricio
  • Mércores 5: JJ Vaquero
  • Venres 7: Alejo Stivel e Amaro Ferreiro
  • Sábado 8: Uxía, Antonio Zambujo e Javier Ruibal
  • Domingo 9: Moncho Borrajo
  • Xoves 13: David Suárez
  • Venres 14: Kiko Veneno
  • Sábado 15: Carlos Sadness
  • Sábado 22: Marlango
  • Xoves 27: Recycled J e Kimberly
  • Venres 28: Miss Cafeína
  • Sábado 29: Rodrigo Cuevas