REVISTA ABRIL

TerraCeo lanza abonos que inclúen entradas para todos os seus concertos

Se quedaste sen entradas para algún dos concertos integrados dentro do Festival Terraceo que se vai desenvolver este verán na terraza do Auditorio Mar de Vigo, estás de noraboa. A organización vén de anunciar o lanzamento de abonos que inclúen entradas para os concertos máis demandados como o de Amaral, Santi Balmes ou Mclan.

TerraCeo reservara unha pequena cantidade de entradas por concerto, ao redor de 25, para esta acción sorpresa para as persoas que non puideron conseguir os seus tickets nos primeiros días de vendas. Agora, poderán comprar as súas entradas combinadas, e cun desconto, coas doutros concertos e/ou espectáculos escénicos. Mañá xoves, ás 14.00 horas, TerraCeo lanzará a través de Ataquilla, os primeiros 5 abonos para os seguintes espectáculos:

– ABONO ANDRÉS SUÁREZ + *ÁLEX UBAGO. 50 €
– ABONO AMARAL + ALEJO STIVEL & AMARO FERREIRO. 45 €
– ABONO LUÍS ZAHERA + NOITES DE RETRANCA. 27 €
– ABONO M CLAN + ALEJO STIVEL & AMARO FERREIRO. 35 €
– ABONO PABLO LÓPEZ + ALEJO STIVEL & AMARO FERREIRO. 45 €

A vindeira semana, o martes, poñeranse á venda novos abonos sorpresa. Haberá entradas para todos os artistas que participan na primeira edición do Festival TerraCeo no mes de xullo. Cun aforo máximo de 400 prazas distribuídas mantendo as distancias entre os 2.000 metros cadrados de azotea do Mar de Vigo, as noites de TerraCeo están pensadas como veladas ao aire libre para gozar da compañía, a música e a paisaxe.

REVISTA ABRIL

O calendario completo de concertos polo momento está así:

Xullo:

  • Venres 3 e sábado 4: Los Secretos
  • Venres 10 e sábado 11: Andrés Suárez
  • Domingo12: Luis Zahera
  • Xoves 16: Rober Bodegas
  • Venres 17: Pablo López
  • Domingo 19: Amaral
  • Venres 24: Ariel Rot e Federico Lechner
  • Sábado 25: Noites de retranca
  • Domingo 26: Mclan
  • Xoves 30: Coque Malla
  • Venres 31: Álex Ubago 

Agosto:

  • Sábado 1: Santi Balmes, Julián Saldarriaga e Dani Ferrer
  • Domingo 2: Don Patricio
  • Mércores 5: JJ Vaquero
  • Venres 7: Alejo Stivel e Amaro Ferreiro
  • Sábado 8: Uxía, Antonio Zambujo e Javier Ruibal
  • Domingo 9: Moncho Borrajo
  • Xoves 13: David Suárez
  • Venres 14: Kiko Veneno
  • Sábado 15: Carlos Sadness
  • Sábado 22: Marlango
  • Xoves 27: Recycled J e Kimberly
  • Venres 28: Miss Cafeína
  • Sábado 29: Rodrigo Cuevas