VIALIA
REVISTA NOVEMBRO

O festival 17º Ribeira Sacra anuncia a Teenage Fanclub e outras tres bandas

Teenage Fanclub, The Excitements, Bronquio e ALE son as primeiras confirmacións da quinta edición de 17º Ribeira Sacra Festival, que se celebrará do 16 ao 18 de xullo de 2021 na Ribeira Sacra. Os abonos para a quinta edición do festival atópanse á venda en Ataquilla. com, esgotando as primeiras cotas en escasos días. Existencias limitadas.

O 17° Ribeira Sacra Festival é unha cita anual na que música, patrimonio, paisaxe, gastronomía e viño únense para crear unha experiencia única para o público. Os concertos en espazos singulares son un dos principais atractivos para un festival que o próximo verán reunirá, nunha fin de semana, á mítica formación escocesa Teenage Fanclub e a súa esperadísimo novo traballo, “ Endless Arcade”, un álbum que sairá ao mercado o próximo mes de marzo e que reflicte o momento actual no que se atopa a banda.

Pola súa banda, The Excitements, anuncian o seu retorno aos escenarios despois dun ano de pausa e coa incorporación da cantante francesa de orixe somalí Kissia San, quen liderou diferentes proxectos dentro da escena do blues e do soul en Francia. Tamén estará na Ribeira Sacra, Bronquio, que está colleitando moitos éxitos co seu último traballo de electónica dada a alta calidade das producións, que ademais contan con colaboradores de excepción como Kiko Veneno ou o máis selecto do trap nacional. Os seus temas navegan por case todos os estilos posibles da música electrónica. En cambio ALE, proxecto artístico posto en marcha polo músico e compositor galego Alejandro González, deixa marcada a súa especial sensibilidade na arte de facer cancións pop, adaptando o seu reconocible estilo a múltiples rexistros. Un traballo minucioso e artesanal, producido por Nicolás Vieites, que publicará a principios deste ano.

Estas novas confirmacións poderanse gozar en cada un dos espazos singulares de 17º Ribeira Sacra Festival (adegas, miradoiros, un catamarán con música en directo…), un evento que volverá contar co patrocinio de Cervexas Alhambra, para a súa quinta edición do 16 ao 18 de xullo de 2021.