REVISTA ABRIL

O Encordass Fiddle Fest mira cara a Grecia desde a Illa de San Simón

O Encordass Fiddle Fest, un festival especializado no fiddle e a música de corda alternativa, celebra unha nova edición na illa de San Simón do 26 ao 29 de xuño. Cada ano o evento dedícase á música dunha rexión cultural poseedora dun violín carácterístico, o país protagonista nesta ocasión será Grecia.

Actuación musical en San Simón | Cedida

Illa de San Simón, un espazo emblemático da nosa ría, será un ano máis o escenario do Encordass Fiddle Fest. Este festival internacional de música de corda e violín popular celebrarase na súa edición de 2025 do 26 ao 29 de xuño. O evento está especializado no fiddle e a música de corda alternativa, utilizando o violín como fío condutor para explorar as conexións da música popular e de raíz en diferentes culturas. O seu obxectivo é achegar o violín ao público, demostrando a súa accesibilidade e versatilidade alén da música clásica.

Cada edición de Encordass está dedicada á música popular dun país ou rexión. Nesta edición de 2025, o festival terá como protagonista a Grecia e a Illa de Creta. O Festival comezará o mércores 26 co concerto inaugural no museo do mar de Vigo. O xoves 27 e o venres 28 o público poderá acceder a San Simón en horario de tarde, onde serán recibidos no peirao cuhna benvida musical. Tras ésta, terá lugar una visita musicalizada á illa, comezando coas cantigas de Martín Codax e dos trovadores medieváis, para coñecer, de seguido da lembranza do desgarrador pasado da “Illa da Memoria”. Paralelamente aos concertos que se desenvolven en diferentes escenarios distribuídos por toda a illa, teñen lugar actividades, charlas e obradoiros de danza e gastronomía. A xornada do domingo 29 a música comezará xa pola mañá e incluirá degustacións, cata de vino, showcooking, obradoiros de danza, mostra de luthería e un espazo infantil entre outras actividades.

Concerto durante a celebración do festival en 2025 | Cedida

Na vertiente máis educativa do festival, celébrase un curso de música tradicional dirixido a todas as persoas que tocan un instrumento de corda onde se combinan clases maxistrais con outras de lecer e tempo libre. As aulas de instrumento, que se establecen por niveis, sendo benvidos tamén os principiantes. Son impartidas por grandes mestres internacionáis, como Kelly Thomá, Dimitris Mitarakis, Ioannis Zarías ou Efrén López. O repertorio traballado durante o curso será interpretado no concerto final do domingo 29 de xuño pola Encordass Fest Orquestra composta por un centenar de músicos, entre mestres e participantes.

O curso, organizado pola asociación Galicia Fiddle, está destinado principalmente a instrumentistas da familia do violín, guitarra, zanfona e acordeón diatónico, aínda que existen diferentes modalidades de participación, sendo posible asistir con outros instrumentos ou como acompañante (esta última opción só para socios). O evento inclúe aloxamento e pensión completa na illa, repartido en habitacións compartidas nos edificios Stella Maris e Seminarios. A inscrición para o Encordass 2025 require unha reserva inicial, e as prazas cúbrense por rigorosa orde de solicitude e confirmación do pago. Ademais de descontos aos socios de Galicia Fiddle, existen bolsas e axudas para o alumnado que non poida asumir o custo do curso. Para máis información recoméndase escribir a info@galiciafiddle.com.

Illa de San simón | P. Vázquez

A Illa de San Simón, unida pola ponte á illa de San Antón, ademais de ser un fermoso espazo natural, é tamén un lugar de memoria, catalogado como Ben de Interese Cultural. A súa recuperación céntrase en dirixir o seu patrimonio cara aos proxectos educativos e culturáis, como este festival ou o San Simón Fiddle, tamén organizado pola asociación cultural Galicia Fiddle, e que dende hai 14 anos está a crear una nova xeración de xovenes intérpretes de violín popular. Os escenarios do festival inclúen o principal nas Alocucións, o Paseo dos Buxos, Aguacates, Peirao dos oficiais, a Capela e a singular Cúpula.