CAMELIAS MASCOTAS

O deporte e os nenos serán os protagonistas do Festimáis este sábado

Máis que Auga e a asociación Bicos de Papel unen as súas forzas para traernos este sábado 7 o Festimáis, un festival solidario no que poderán participar persoas de todas as idades. Haberá actividades deportivas de todo tipo, ademais de inchables, espectáculos de maxia, música, contacontos, foodtrucks e festa da escuma.

Este sábado 7 de xullo pásate polo Máis que Auga de Navia, onde terá lugar o festival solidario Festimáis, cuxa recaudación irá destinada a Bicos de Papel, organización que dá asistencia as familias con nenos e nenas na área oncolóxica do hospital Álvaro Cunqueiro.

Haberá actividades durante todo o día, desde as 10 da mañá, coa masterclass de zumba (a cal pretende superar o record de asistencia do ano pasado, de 500 persoas) ata que finalice a xornada ás 20:30 coa festa da escuma e co reto solidario “Galicia en bicicleta en 23h”. Ademais, haberá exhibicións de taekwondo e numerosas clases de hipopresivos, ciclo indoor, crossfit e bicicleta.

Outro dos platos fortes serán os Wodfit Games, unha sorte de concurso de crossfit no que gozaremos dun gran espectáculo. Para os máis pequenos haberá multitude de actividades: talleres de globoflexia, pintacaras e chapas, magos, actuacións musicais, inchábeis, contacontos e zumba en familia.

REVISTA NOVEMBRO

Por se alguén quere colaborar pero non pode asistir ao festival o sábado, existen os chamados metros e largos solidarios, onde s podes nadar nas piscinas ou correr nas cintas de calquer centro Máis que Auga, e doar unha cantidade por cada kilómetro feito.

Estímase que acudirán unhas 3500 persoas a este evento que se celebrará no parking do Máis que Auga de Navia. Os prezos son de 2€ para socios e cursillistas do MqA e 4€ para os demais. No caso dos nenos e nenas, gratis para os socios e 2,5€ para os que non o sexan.

Achégate este sábado a Navia para facer deporte en familia e colaborar coa asociación Bicos de Papel, que dende fai anos leva facendo unha enorme labor social.