VEGANA

O ‘Cometa’ de xira polos barrios de Vigo

O Cometa, o primeiro Vitrasa da historia, realizará a semana que vén unha xira polos distintos barrios vigueses para celebrar o 50 aniversario da compañía de transportes.

No marco do 50 Aniversario de Vitrasa, o Bus Histórico da compañía percorrerá diferentes barrios de Vigo co obxectivo de que as viguesas e vigueses poidan coñecer de primeira man a historia do transporte urbano na cidade. O pasado sábado, con motivo do Día Europeo Sen Coches, moitas persoas subiron nel e deron un pequeno paseo polas rúas da cidade.

Os transeúntes que estean interesados poderán acceder ao interior do vehículo que está totalmente restaurado e para o que se acometeu durante meses un exhaustivo proceso de renovación para recuperar o modelo orixinario que percorría as rúas de Vigo hai 50 anos. Os visitantes recibirán un folleto explicativo cos 50 anos da historia de Vitrasa na cidade.

O Cometa, que data de 1968, percorrerá os seguintes lugares: a Farola de Urzáiz, a Porta do Sol, o Calvario, Teis, Navia, Praza América, Castrelos, Bouzas, Centro comercial A Laxe e Gran Vía e Samil. Este sería o calendario da “xira”:

REVISTA OUTUBRO

– Luns 1 de outubro. Horario: 12:00-14:00 h. Lugar: Farola Urzáiz
– Luns 1 de outubro. Horario: 17:00-19:00 h. Lugar: Porta do Sol
– Martes 2 de outubro. Horario: 12:00-14:00 h. Lugar: Peatonal Calvario
– Martes 2 de outubro. Horario: 17:00-19:00 h. Lugar: Peatonal Calvario
– Mércores 3 de outubro. Horario: 12:00-14:00 h. Lugar: Mercado Teis
– Mércores 3 de outubro. Horario: 17:00-19:00 h. Lugar: Navia (explanada Froiz)
– Xoves 4 de outubro. Horario: 12:00-14:00 h. Lugar: Praza Amériza (diante Instituto Santa Irene)
– Xoves 4 de outubro. Horario: 17:00-19:00 h. Lugar: Parque Castrelos (entrada)
– Venres 5 de outubro. Horario: 12:00-14:00 h. Lugar: Bouzas
– Venres 5 de outubro. Horario: 17:00-19:00 h. Lugar: Centro Comercial A Laxe/nadador
– Sábado 6 de outubro. Horario: 11:00-14:00 h. Lugar: Samil (se o tempo o permite, de non ser así, CC. Gran Vía)
– Sábado 6 de outubro. Horario: 17:00-20:00 h. Lugar: CC Gran Vía (Baixada ó Castaño)