CAMELIAS MASCOTAS

O Barbeira Season Fest cambia de localización debido á COVID

O Barbeira Season Fest, un dos poucos festivais galegos que se mantén este verán, vese obrigado a cambiar de localización respecto ao ano pasado debido á situación sanitaria. O evento desprázase á Península de Santa Marta de Baiona.

REVISTA NOVEMBRO
Localización da nova edición do festival

Se hai unha semana diciamos que o Barbeira Season Fest estaba na busca dun novo espazo para a súa segunda edición, hoxe xa podemos confirmar que se celebrará na Península de Santa Marta de Baiona o 19 de setembro. Isaac González, director do festival, comenta que aínda que a praia de Barbeira se lles está a resistir ano tras ano, acabará caendo. Ademais, engade que o novo enclave é “un lugar espectacular cunhas vistas únicas que son o mellor fondo de escenario de Galicia”.

Este venres póñense á venda as últimas entradas a 35 euros. A partir de aí, comeza o novo tramo de venda a 40 euros que estará limitado só a 100 persoas, debido á alta demanda de entradas que hai. La La love you, Ortiga, Ginebras ou Lisasinson son algúns dos grupos confirmados que subirán ao escenario da Península de Santa Marta o próximo 19 de setembro, mais están abertos a algunha sorpresa.

A continuación un pequeno video no que no que dous festivaleiras, unha traída de Madrid e outra de aquí, son convidadas pola organización para ver en exclusiva o novo emprazamento. A súa reacción o di todo: