CANS
XERAIS

Nubes Blancas

O centro especializado na primeira infancia, Nubes Blancas, ofrece un completo programa de actividades e obradoiros para nenos e nenas dos tres aos dez anos durante todo o mes de xullo.

A oferta de actividades de verán para a cativada é inmensa pero é innegable que unha boa opción para estas datas é decantarnos por un espazo especializado no desenvolvemento na primeira infancia. O centro de estimulación infantil Nubes Blancas ofrece durante o mes de xullo unha gran variedade de actividades nas súas instalacións da rúa Uruguai.

A rapazada comprendida entre os tres e os dez anos participará en actividades como inglés, psicomotricidade, música e actividades acuáticas; así como en talleres temáticos de arte, ciencia e manualidades. Estas propostas lúdicas teñen en conta as necesidades, tempos e ritmos dos mais pequerrechos. O horario vai das 9:00 h ás 14:00 h con posibilidade de ampliar de 8:00 h a 15:15 h. Os nenos e nenas estarán distribuídos en grupos reducidos e irán pasando por todas as actividades e os obradoiros puntuais ao longo da semana. As profesoras encargadas de dirixir estas propostas estivais son as habituais do centro.

Con piscina propia e instalacións adaptadas a cativada, Nubes Blancas é un lugar tranquilo e respectuoso onde os nenos e nenas se senten escoitados e validados. Dispoñen de prezos por quincenas, semanas ou mes completo. Ademais existe un 10% de desconto para o segundo irmán.

Preme aquí para consultar a programación

Este centro de estimulación infantil e prenatal ofrece un plan actividades acuáticas, inglés, música, psicomotricidade etc., así como talleres temáticos de arte, ciencia e traballos manuais. Estas propostas lúdicas teñen en conta as necesidades e os ritmos dos miudiños.

Datas: 1 a 31 de xullo.
Horario:
9:00 a 14:00 h
Idade: 3 a 10 anos
Prezo:
desde 110,00 € semanais

Rúa Uruguai 12 | info@nubesblancas.es | 604038838 (WhatsApp) 

REVISTA MAIO