VIALIA
REVISTA NOVEMBRO

Novidades musicais viguesas para desfrutar do outono

Despois duns meses desde a última entrega, volvemos coas xa habituais novidades musicais viguesas. Atopamos grupos de recente creación formación, vellos coñecidos, novos discos, cancións de películas, bandas que se van tomar un descanso e outras que volven despois de tempo ausentes.

El Buzo | Cedida

Despois de compartir bastantes adiantos, por fin temos o primeiro elepé de El Último Ciclista, alias do músico uruguaio afincado en terras galegas Gabrulo García. O disco xa se atopa dispoñible en vinilo pero aínda non está publicado en plataformas dixitais.

Este 11 de outubro publicouse o segundo álbum da banda de rock Stoned at Pompeii, varios anos despois do seu debut discográfico.

Nestes meses o dúo vigués estivo máis que activo. Ademais de relizar numerosos concertos, publicaron as canción ‘Maricarmen’, verisón en galego do tema de La Pegatina coa que pechan os seus concertos, e ‘Cuando nadie ve’, canción orixinal do filme Soy Nevenka.

A nova banda Vloom e a cantautora Sanny unen forzas neste ‘Pájaros’.

Pablo Lesuit regresa con novo material despois de meses sen noticias. O vigués dá por finalizada a etapa de Belorizonte, o seu primeiro disco, para iniciar unha nova. ‘Camino de las rocas’ é o primeiro adianto do que será o seu segundo álbum.

Primeiro e poderoso sinxelo do cuarteto de rock local Suevia.

Green Poison é un cuarteto de stoner metal de recente creación que publicou a comezos de stembro o seu primeiro traballo, titulado ‘Supersonic Light Beam’. Oito minutos de distorsión e riffs pesados. Ao longo do ano teñen previsto lanzar unha serie de sinxelos que conformarán o seu primeiro EP homónimo.

’22 minutos’ é o primeiro sinxelo inédito do álbum de Filloas súbete ao EVA. Trátase dun potente hit de hyperpop no que se fai unha declaración de intencións acerca do novo son do artista: pop urbano cheo de electrónica con moitas, pero que moitas, referencias á cultura de internet, memes e videoxogos.

Hai pouco o trio vigués Kings of the Beach anunciaron que van tomarse un tempo de descanso, e tamén publicaron un último tema (o primeiro en castelán) antes deste hiato.

El Buzo é o novo proxecto do veterán Nicolás Pastoriza, que para esta ocasión se rodea de músicos de ampla traxectoria: Xavi Bértolo, Rubén Abad, Manu Ares e Mig Seoane. O seu primeiro disco homónimo é unha compilación de temas pop, rock, ruido bonito e experimentos varios.

O dúo vigués de black metal melódico en galego Dioivo ten xa un novo videoclip, titulado “O rei”. Foi gravado o ano pasado no festival Extreme Division Mallorca, celebrado na cidade de Palma, no que o dúo compartiu escenario con bandas de metal tan destacadas como Master, Vidres a la Sang, Totengott ou Trallery. 

REVISTA NOVEMBRO

Tributo que a banda de punk viguesa rende ao influínte promotor musical vasco Kike Turmix.

ARiMagritte presenta un novo proxecto multidisciplinar xunto ao novo pianista ponteareán Mateo Sestelo centrado inicialmente en ofrecer música en directo en formato piano e voz, pero que moi pronto mostrou grandes posibilidades en diversos ámbitos, como a poesía, a electrónica ou o audiovisual. Ademais deste proxecto, podemos ver a AriMagritte na súa versión con banda ARiYLosMagrittes, que actúa o sábado 19 de outubro na sala Supersonic (antiga Sinatra).

The following two tabs change content below.

Pablo Vázquez

Graduado en Comunicación Audiovisual pola Universidade de Vigo, é un apaixoado do cine, da música e da fotografía. É director dos documentais 'O profesor', 'The Death: el reencuentro' e 'Cuna de músicos', ademais de coautor do libro 'Son da cidade', o que lle fixo coñecer aínda máis a escena musical viguesa. Ten traballado con distintos grupos e salas da cidade, ademais de participar nos últimos anos como Xurado Novo nos festivais de cine de San Sebastián e Novos Cinemas.