Toda a programación da festa da Reconquista de Vigo
Arranca a Reconquista de Vigo. A conmemoración da expulsión dos franceses por parte do pobo vigués en 1809 contará, como cada ano, con representacións dos feitos históricos, un mercado de artesanía e comida e un sinfín de actuacións musicais e actividades tanto para adultos como para nenos. Os festexos exténdese durante nove días e concéntranse no Casco Vello da cidade.
As celebracións terán lugar desde este sábado 25 de marzo ata o próximo domingo 2 de abril, sendo festivo local o martes 28 de marzo, día da efeméride. O mercado abrirá o venres 31 de marzo de 19:30h a 23:30h e o sábado e domingo entre as 11 e as 23:30h.
Sábado 25 de Marzo
Basílica-Concatedral de Santa María
13:00 h Concerto inaugural da Reconquista: Orquesta Xuvenil Kv2211.
Praza do Berbés
18:30 h Banda de gaitas María Soliña.
19:30 h Representación da destitución da corporación municipal.
20:30 h Actuación das pandereiteiras Ferreñas da Oliveira.
21:30 h Actuación Blus do País.
Domingo 26 de marzo
12:00 h Saída do exercito Napoleónico polo Casco Vello.
17:00 h Xincana infantil.
Praza do Berbés
12:00 h Baile amenizado polo grupo The Black Fingers, con repertorio de música popular Francesa e Galega, dirixido polo grupo Monteira Danzas do Mundo.
16:30 h Obradoiro de Baile tradicional impartido por Manolo Cobas.
Praza da Pedra
12:00 h Actuación.
Porta do Sol
18:00 h Actuación familiar.
Luns 27 de marzo
Praza de Eduardo Chao
20:00 h Charla de Rosa Sánchez e Pablo Carpintero co título Música evolución e paisaxe.
Martes 28 de marzo
Praza do Berbés
11:00 h Demostracións de oficios perdidos e tradicionais.
11:30 h Charla sobre roupa tradicional, impartida por Patricia Gonzalez Iglesias.
12:00 h Animación de rúa.
14:30 h Xantar popular.
17:00 h Comezo da Foliada Popular da Reconquista.
18:00 h Entrega de Premios do Certame de pintura rápida.
Praza da Pedra
12:00 h actuación do grupo de pandereteiras As perseidas do Berbés.
Praza de Eduardo Chao
12:30 h Actuación de Regueifa.
Porta do Sol
13:00 h Actuación da Banda de Gaitas do Casco Vello.
18:30 h Actuación “Titiricircus de Tanxarina”.
Mércores 29 de marzo
Praza do Berbés
20:30 h Obradoiro de Treboada tradicional impartido por “Oli Xiraldez”.
Praza Princesa
20:00 h Charla de Ricardo Troncoso titulada Vida e méritos do comandante Chalot.
Porta do Sol
20:00 h Ensaio xeral da Reconquista.
Xoves 30 de marzo
10:00 a 13:00 h A Reconquistiña
19:30 h Cantando nas Prazas – Praza da Princesa – 19:50 h Praza da Constitución – 20:10 h Praza da Pedra – 20:30 h Praza do Berbés.
21:00 h Actuación do Orfeón Mariñeiro do Berbés na Praza da Igrexa.
Venres 31 de marzo
19:00 h Inauguración do Mercado tradicional da Reconquista na Praza do Berbés.
19:30 h Actuación de grupos tradicionais Grupo Gaitas Terserillas, Ghaiteir@s Arrulicad@s e Herville.
Torreiro Central- Porta do Sol
21:30h Actuación do grupo de música tradicional Tanto nos ten.
Torreiro Eduardo Chao
19:00h Programación Galicia Fiddle ate as 23:00 h.
Torreiro da Praza dos Ratos
21:00 h Os tarteiromusikistas.
Torreiro do Berbés
20:30h Actuación charanga de Fiadeiro.
Sábado 1 de abril
12:00 h Actuación de grupos tradicionais polas rúas e prazas do Casco Vello: Aturuxo de Valadares, Arume de Beade, Gaiteiros de Sárdoma, Rueiro de Coia e Os Beretes de Chapela.
14:00 h Actuación de grupos tradicionais polas rúas e prazas do Casco Vello: Os Catro Quintos, A Vacaloura vermella, Os ferraias da ETEA e Pelexo de gaita.
15:30 h Obradoiro de Danzas francesas impartidas polo grupo Monteira Danzas do Mundo.
17:00 h Representación do Asalto o carro de suministros (Praza do Berbés).
18:00 h Actuación de grupos tradicionais polas rúas e prazas do Casco Vello: Gaiteiros de Tarambainas, Os Cuncheiros, Donicelas e Gaiteiros de Coruxo.
19:00 h Representación da Detención de Franciscanos (Porta do Sol).
Torreiro Infantil
11:00 h Apertura da zona de xogos tradicionais e de inxenio, gratuitos.
17:00 h Espectáculo Reconquistando Sorrisos de Barafunda Animación.
19:00 h Contacontos O Censor de Monstros.
Torreiro do Berbés
12:00 h Actuación da escola de baile tradicional do Casco Vello.
17:00 Actuación de Iolanda e Antón.
19:00 h Actuación das Pandereteiras Maghúa da Coruña.
21:00 h Actuación Nós folk.
Torreiro central – Porta do Sol
18:00 h Actuación infantil
21:30 h Actuación do grupo de música tradicional Os Carunchos
Torreiro Eduardo Chao
11:00 h Programación Galicia Fiddle ate as 23:00 h
Torreiro de Elduayen
11:00 h Serán infantil organizado pola ACF Fiadeiro.
Torreiro da Pedra
11:00 h Obradoiro de baile tradicional organizado polo grupo etnográfico A Buxaina.
Domingo 2 de abril
11:30 h Saída das Peixeiras e Verduleiras (dende Praza da Igrexa)
12:00 h Actuación de grupos tradicionais polas rúas e prazas do Barrio
Banda de Gaitas Anaquiños de Chapela
Banda de Gaitas María Soliña / Treboada Baixo Miño
12:00 h Saída da Milicia Honrada de Vigo (Praza da Igrexa)
12:00 h Saída do Exercito Napoleónico (Dende Praza dos Ratos)
14:00 h Actuación de grupos tradicionais polas rúas e prazas do Barrio:
Banda de Gaitas do Casco Vello/ Zurrumaia/ Os Carunchos
17:00 h Entrada da Milicia honrada de Vigo e as Alarmas na Porta do Sol
18:00 h Actuación de grupos tradiconais polas rúas e prazas do Barrio
Gaiteiros de Pardavila / Tabáns do Freixo
Torreiro central – Porta do Sol
18h Reconquista da Vila de Vigo
20:30 h Actuación do grupo tradicional “ARDENTÍA” na Porta do Sol – Torreiro central
23:30 h peche do mercado e fin da festa
Torreiro Infantil
11:00 h apertura da zona de xogos tradicionais e de inxenio, gratuitos
13:00 h actuación de Ce Orquestra Pantasma
Torreiro do Berbés
12:30 h Actuación musical
21:00 h Actuación do grupo tradicional Pelica de Can.
Torreiro Eduardo Chao
11:00 h Programación Galicia Fiddle ate as 23:00 h