VIALIA
GNIGHT

Noc Noc Estudio, a moda chama á porta

Se atopas unha peza que leva bordada a fío a etiqueta «Made in Vigo», probablemente fose ideada por Patricia Fadrique, a persoa responsable de NOC NOC estudio. Esta empresa de produtos téxtiles fabrica en dous pequenos talleres situados en Vigo e Madrid. Desde aquí eláboranse pezas de estilo minimalista e atemporal, confeccionadas en algodón orgánico, pensadas para que duren eternamente e poidan combinarse con todo o que teñamos no armario.

            NOC NOC aposta por producir en pequenas cantidades elixindo as tiradas limitadas e traballa en colaboración con artistas, ilustradores e artesáns para loitar contra a velocidade e o pouco respecto polo medio ambiente que provoca a fast fashion. A marca quere que empecemos o verán de forma ética e sostible, e que confíemos na súa filosofía de proximidade lucindo os seus vestidos longos, panos xeométricos, pezas de crochet feitas á man e as súas camisetas estampadas. Sentes a chamada?

@nocnocestudio | nocnocestudio.com

The following two tabs change content below.

Estela Gómez

Estela naceu no 92 (o ano de Cobi) preto do mar. É filóloga e correctora literaria, cirurxiá de textos, amiga das redes sociais e ten un interese case innato pola moda e a cultura. Estela é aprendiza de todo e especialista en nada, ten incontinencia verbal crónica, e, grazas á mellor das sortes, as palabras danlle de comer.

Últimos posts de Estela Gómez (ver todos)