CAMELIAS MASCOTAS

#SesiónsAM 02: Nicolás Pastoriza

Nicolás Pastoriza abre as portas da súa casa ao equipo de A Movida uns días antes de presentar o seu novo traballo no Museo do Mar. Cunha ‘milnove’ na man, falamos durante case unha hora sobre ‘Pyme’, o concerto de presentación que terá lugar o sábado 16 de xuño e outros moitos temas. Sempre coa música como eixo central. Pastoriza asegura que non precisa tocar para vivir, pero si gravar para vivir e como amante da música que é accede interpretar un dos seus temas, ‘Ovnis entre Cíes y Nigrán’, gravado orixinalmente coa colaboración de Iván Ferreiro.

Vídeo: Pablo Vázquez

Entrevista: “Non preciso máis que facer música ata o día que morra”