VIALIA
PLAYDOC

Nena Daconte dará un concerto acústico este novembro en Vigo

O ciclo de concertos Acustiquísimos regresa a Galicia este outono. En Vigo poderemos desfrutar do concerto acústico de Nena Daconte o 18 de novebro no hall do Teatro Afundación.

REVISTA MAIO

Do 18 de novembro ao 1 de decembro, o ciclo de concertos acústicos en espazos singulares celebra a súa sexta edición con figuras coñecidas da escena indie actual en catro cidades galegas. Nena Daconte actuará o 18 de novembro en Vigo; Elefantes o 24 en A Coruña; El Kanka o 25 en Santiago de Compostela e Andrés Suárez o 1 de decembro no Círculo das artes de Lugo.

As entradas para os catro directos do ciclo sairán á venda o vindeiro luns 11 de setembro, ás 12.00h, a través da plataforma Ataquilla. Como novidade desta sexta edición, cada concerto inclúe unha proposta gastronómica da man dun recoñecido chef, que servirá tapas de autor durante o concerto.

O hall do teatro no que se levará a cabo o concerto.

Nena Daconte abrirá o ciclo en Vigo en formato dúo, no hall do Teatro Afundación, o sábado 18 de novembro, ás 21.30h. Estará prensentando en acústico os temas do seu novo disco, Casi Perfecto, no que fai gala dun son pop rock dos 90 co que recupera a esencia dos seus primeiros traballos. O disco presenta dez novas cancións que viran en torno ao amor, o desamor, a soidade e o paso do tempo, todas elas .compostas novamente por Mai, excepto ’O verán’, adaptación dun poema do cantautor Marwan.