CAMELIAS MASCOTAS

O mundo da fantasía chega a Vigo co Circo Starlake

Un novo concepto de circo chega a Vigo da man de ‘Starlake, el circo de la fantasía’ a nova produción de Evolution Circus. O espectáculo inaugurase este venres nunha carpa instalada en Avenida Castelao e se quedará na cidade ata o 18 de marzo.

REVISTA NOVEMBRO

‘Starlake, el circo de la fantasía’ é un espectáculo que combina música en vivo, danza e acrobacias con pases humorísticos a cargo de pallasos. A primeira diferenza cos circos convencionais é que neste espectáculo non interveñen animais, senón que son diferentes shows a cargo de artistas especializados. A segunda diferenza é que non existe a figura de locutor ou mestre de cerimonias. O espectáculo está perfectamente fiado a través dunha historia e os diferentes pases vanse entrelazando de forma natural.

O show conta a historia dunha nena á que cada noite o seu pai lle le un conto do libro da fantasía. Un día a pequena abre o libro e comeza a vivir as súas propias historias nas que a maxia, a fantasía e a imaxinación son os principais ingredientes.

O primeiro pase desta función terá lugar este venres 22 ás 19:00 horas e permanecerá na cidade ata o vindeiro domingo 18, con pases de xoves a domingo. A entrada para menores de 3 anos é de balde.

(GMT+01:00) Carpa Av. Castelao

(GMT+01:00) Carpa Av. Castelao

(GMT+01:00) Carpa Av. Castelao

(GMT+01:00) Carpa Av. Castelao

(GMT+01:00) Carpa Av. Castelao