REVISTA MARZO

Mulleres Atlánticas, un punto de encontro para emprendedoras con sal nas veas

A comunidade de mulleres emprendedoras e creativas de Galicia e o norte de Portugal celebra un encontro de formación e networking en Vigo o próximo xoves, 19 de decembro. O prazo de inscrición xa está aberto.

Hai xa dous anos que Gabi Otero e María Gómez decidiron crear Mulleres Atlánticas, un punto de encontro para “mulleres salgadas” que buscan apoio na travesía de emprender o seu propio negocio. Ambas veñen do ámbito da comunicación e o deseño, traballan como autónomas e botaban en falta un espazo específico para mulleres emprendedoras, no que poder conectar con outras especímenes da súa mesma especie. “Queriamos abrir espazos onde reunirnos e experiencias que pudiéramos compartir emprendedoras e empresarias en diversas fases do noso proxecto”.

Ata a data, outras 30 mulleres xa forman parte da comunidade dedicada a darse apoio mutuo, compartir coñecemento e “visibilizar proxectos e negocios capitaneados por Mulleres Valentes” (así, en maiúsculas). Reúnense unha vez ao mes, cada vez nun espazo distinto dunha cidade diferente, nuns encontros en petit comité que chaman Cafês a Bordo, nos que afianzan a súa relación persoal e profesional e unen forzas para paliar “a soidade da autónoma”.

Gabi e María aseguran que este networking a pequena escala e de eventos coidados funciona, pois nos últimos meses son moitos os casos de sinerxias e colaboracións que teñenen xurdido entre as usuarias da comunidade. Por exemplo? “As colaboracións entre Raquel Flores e Patricia Guerrero, mesturando as técnicas do mindfulness coa educación e o adestramento canino”. Tamén algunhas delas comezaron a vender os seus produtos nunha web conxunta, na que á súa vez involucrouse a programadoras, deseñadoras e fotógrafas atlánticas e moitos outros proxectos que xa teñen no forno.

O vindeiro xoves 19, as Mulleres Atânticas traerán a Vigo o seu evento Atlânticas de Corazón, unhas xuntanzas “máis potentes”cos Cafês a Bordo e abertas a calquera muller cun proxecto en marcha ou a piques de lanzalo, pois é o lugar no que “atopar novas oportunidades de negocio e colaboración”. A xornada durará 6 horas durante as cales se contará coa presenza de poñentes de recoñecido prestixio a nivel autonómico e nacional, así como un espazo dedicado ao networking e á presentación dos proxectos de todas as asistentes.

Banner A Movidiña

Nesta ocasión, o evento xira entorno ao Mindset e a Estratexia Empresarial. As ponencias e activades que se desenvolverán están deseñadas para que tras o evento, as asistentes poidan levar a cabo con máis facilidade a estratexia de negocio dixital. Participarán mulleres como Mireia Badía, CEO de Grow.ly, empresa pioneira en España en Crowdlending; Geni Ramos de La Consultoría Digital, experta na automatización de negocios dixitais; e Gloria Martínez de Tu Mentora, especializada na orientación de negocios que queren ser máis rentables. seguindo unha estratexia marcada.

Ademais, ofrecerase un brunch perfecto para coñecer ás compañeiras e haberá dúas entrevistas: a Mónica Conde, fundadora da marca de moda e accesorios viguesa Animosa; e Marta Galán, co-fundadora da marca de cervexa Alé Alé e socia de Pink Boots, unha asociación que reivindica o papel das mulleres no sector da cervexa.

O programa completo, así como a ficha de inscrición, pódese atopar na súa web

The following two tabs change content below.

Paula Cermeño

Paula Cermeño é licenciada en xornalismo pola USC, pero a súa principal ocupación é viaxar. Mentres aforra para dar a volta ao mundo, traballa como redactora e xestora cultural. Gústanlle os libros, o audiovisual, o teatro e o rock and roll, por iso é doado avistala en moitos dos saraos vigueses.