REVISTA ABRIL

Vive Nigrán

15xul(xul 15)19:00Vive NigránFESTIVAIS E FEIRAS | desde 25,00€19:00(GMT+02:00) Campo de Fútbol de Montelourido

Detalles do eventos

O pic-nic pop festival Vive Nigrán volve ao campo de fútbol de Monte Lourido cunha programación variada do 15 ao 17 de xullo.

Venres 15:
Os andaluces Colectivo Dá Silva coa súa mestura de estilo naif, festa e rebeldía pop, e Karavana, que traerán a Nigrán un directo cheo de enerxía, acompañarán a Iván Ferreiro na primeira xornada do festival. Iván Ferreiro repasará os éxitos da súa carreira con Piratas e en solitario, dentro dunha xira moi especial coa que volve este 2022 aos escenarios acompañado da súa banda habitual. O galego Grande Amore incorpórase á programación do venres 15 de xullo do festival. O alter ego do mozo Nuno Pico presentará o seu primeiro disco, con sons electrónicos e industriais, pinceladas ás veces macarras e ás veces tenras, pero sempre cheas de personalidade. Cool Meniñas pecharán a xornada do venres con temazos, baile e actitude; os ingredientes escollidos por dani, Mariagrep e Kimberley Tell para para crear a festa perfecta.

Sábado 16:
Rigoberta Bandini
fará vibrar ao público de Nigrán con hits tan coreados como ‘Perra’, ‘Too many drugs’, e ‘Ai mamá’, convertido en todo un himno. Con millóns de escoitas e visualizacións dos seus temas, posicionouse como unha das artistas españolas con máis presenza a nivel internacional. A Rigoberta Bandini acompañarana La Bien Querida, cun concerto moi especial, acompañada dunha banda completa, e Niña Polaca, que nos trasladará ao Madrid dos oitenta a través das súas cancións pop con toques indie-rock. O plan do sábado complétase co Concerto Vibra Mahou da banda de pop feminino Cariño, un sopro de aire fresco e descarado nun concerto incluído no abono do festival. Para pechar o festival, EME DJ, unha das DJ españolas cunha traxectoria máis recoñecida na escena indie-pop, fará bailar a todos os presentes en Monte Lourido.

Domingo 17:
Nesta edición, o festival engade unha xornada extra, o domingo 17 de xullo con Vive Nigrán [+], unha cita imprescindible para os amantes da música en español, que traerá ata Monte Lourido a Miguel Ríos & The Black Betty Trio, nun concerto co público sentado, que busca unir a varias xeracións que gozaron deste artista indiscutible. Os abonos e as entradas para venres e sábado e tamén para a xornada extra Vive Nigrán [+] do domingo están á venda en vivenigran.com e ataquilla.com.

Desde o seu nacemento, VIVE NIGRÁN é moito máis que música e busca a integración coa contorna e o patrimonio. E por iso, nesta edición volven as actividades complementarias con propostas para todos os públicos a través das accións de VIVE SOSTIBLE, VIVE PATRIMONIO, VIVE IGUALDADE E VIVE ACTIVO coa colaboración do Concello de Nigrán. Así, atopamos bautismo de surf, paseos en kaiak e paddle surf e roteiros guiados por Monteferro, un dos lugares con mellores vistas da ría de Vigo.

  • Mércores 6: Roteiro Monteferro
  • Sábado 16: Kaiak e paddle surf de balde pola mañá e bautismo de surf pola tarde (5€)
  • Inscricións en comunicacion@vivenigran.com 

Máis

Hora

15 (Venres) 19:00(GMT+02:00)

Localización

Campo de Fútbol de Montelourido

Rúa Lourido Beiramar, 27, 36370 Nigrán, Pontevedra

Other Events