CAMELIAS MASCOTAS

‘MITIC El Espectáculo’ lanza unha campaña de crowdfunding

Este ano tamén nos quedaremos sen o concerto de nadal de MITIC, que xa se convertera nunha tradición nos últimos anos. Por iso mesmo, lanzan unha campaña de crowdfunding para poder financiar o seu próximo disco, Survive, que ten prevista a súa saída en marzo de 2021.

Fotografía dunha actuación de MITIC o pasado mes de agosto | MITIC

O pasado 6 de setembro puidemos ver por última vez en directo a MITIC El Espectáculo no torreiro da festa de Matamá, dentro do ciclo de concertos de bandas locais que organizou o Concello de Vigo. Se a vida transcorrese con normalidade, este Nadal poderiamos volver a gozar da súa monumental proposta, pero este ano tocará esperar.

REVISTA NOVEMBRO

MITIC é un espectáculo que combina música en directo e proxeccións audiovisuais, todo isto coa gaita como elemento central. Os principais culpables son os irmáns Álvaro e Suso Costas, dous experimentados músicos vigueses cuxo obxectivo é difundir e potenciar a boa imaxe da gaita e chegar a esas persoas totalmente alleas ao folk e que teñen un concepto pouco actualizado do instrumento.

Os seus directos están compostos por unha gran banda que conta con dúas gaitas, guitarras, baixo, batería, percusións, piano, teclados, voces e seccións de vento e corda. Segundo contan, no espectáculo de 2018 chegaron a subir a 260 artistas sobre o escenario. Unha superprodución galega centrada nas versións de temas clásicos e bandas sonoras, cuxo evento central era o concerto de Nadal, que este ano non poderá ser realizado. Desta forma, acaban de anunciar unha campaña de crowdfunding para financiar todo o proceso que conleva lanzar un novo disco, que levará o nome de Survive:  gravación dos novos temas, mestura, máster, deseño, packaging, edición, videoclip, merchandising, distribución…

O disco conta cunha impoñente parte sinfónica, gravada en directo na Gala de Nadal de 2018 e unha parte de estudo gravada expresamente en decembro de 2020. De conseguir os 8500€ do micromecenazgo, o traballo sairá en marzo de 2021. Podes ler a artigo que fixemos sobre eles na nosa revista de decembro de 2018 premendo aquí (páx.32).