Mes gastronómico en Teis coa súa VI Ruta de Pinchos
Hoxe presentouse a VI Ruta de Pinchos de Teis, un formato que semella non estar vivindo o seu mellor momento pero que no barrio vigués mantense con forza, coa participación de 13 locais do 6 ao 21 de setembro.
Pepito Grillo – Cestita Chipi-Cham Bellmar – Rollo Pollo Café Bar D’Fer – Volovan de pulpo con tetilla Zoraya 2 – Frodo El Rincón de Pato – Uramaki relleno de lacón con grelos Café Badía – Calamardo Thai D’Antonio – Bocado do Monxe Xuntos – Otro Mar Café Crem – Tartar de ternera crujiente D’Tres – La Niña Bonita Café Bar A dorna – Delicias del Mar La Ermita – Arepa rellena de pollo
Mañá comeza a VI Ruta de Pinchos de Teis, onde 13 locais da zona ofertarán a súa mellor tapa para conseguir os votos da xente. Terá lugar do venres 6 ao sábado 21 de setembro, todos os días da semana de 20: a 22:30 (excepto pechado por descanso).
Cada vez que acudas a un dos establecementos participantes podes solicitar que te selen o recadro correspondente do seu local. Cando xuntes un mínimo de cinco (un deles pode ser tamén dalgún dos moitos locais asociados da Zona Teis CCA), escolle o teu pincho favorito e deposita o folleto nalgunha das urnas que atoparás. Entre todos os votos sortearase un bono para dúas persoas no Gran Hotel Talaso Sanxenxo, ademais dun vale de compra valorado en 100€.
A continuación a lista dos locais participantes co nome do pincho ao carón:
- D’Tres – La Niña Bonita
- Bellmar – Rollo Pollo
- Café Badía – Calamardo Thai
- Café Bar A Dorna – Delicias del Mar
- Café Bar D’Fer – Volovan de pulpo con tetilla
- Café Bar Imperial – Solomillos Daneses
- Café Crem – Tartar de Ternera Crujiente
- D’Antonio – Bocado do Monxe
- El Rincón de Pato – Uramaki relleno de lacón con grelos
- La Ermita – Arepa rellena de pollo
- Pepito Grillo – Cestita Chipi-Cham
- Xuntos – Otro Mar
- Zoraya 2 – Frodo