REVISTA ABRIL

‘MEMO’, de Teatro Ensalle

«Somos capaces de repetir dos guerras mundiales en un solo siglo y de empezar el siguiente por el mismo camino. De salir de crisis bélicas, económicas y sanitarias por el mismo agujero que nos metió en ellas. No sabemos (o no queremos) distinguir una salida de un pozo, cavar de trepar, ni soplar de chupar. Somos el único animal con memoria y el único capaz de tropezar dos veces con la misma piedra. Somos memos».

A compañía Teatro Ensalle, xestora do espazo de programación, investigación e formación en artes escénicas contemporáneas do mesmo nome situado no número 15 da rúa de Chile, presenta MEMO, o seu novo espectáculo; unha disertación escénica, en chave posdramática, sobre a estupidez da raza humana e as nosas contradicións, así como a incapacidade que temos para coexistir en harmonía.

Con iluminación, dramaturxia e dirección de Pedro Fresneda, interpretación e creación de Raquel Hernández, Artús Rei e do propio director, produción e distribución de María Costa e colaboración do colectivo Terrorismo de Autor, a peza conta cos trazos característicos da compañía: mestura de linguaxes e creación en colaboración. Con máis de vinte espectáculos na súa traxectoria, Teatro Ensalle ofrécenos este MEMO no espazo que, desde o ano 2003, se converteu nun fervedoiro cultural e artístico da nosa cidade.

REVISTA ABRIL

Data e hora:              Xoves 24, venres 25, sábado 26 e domingo 27, ás 20.00 horas

Lugar:                        Teatro Ensalle (rúa de Chile, 15)

Entrada:                    10,00 € (reserva de entradas no web do Teatro Ensalle)

The following two tabs change content below.

Ernesto Is

É dramaturgo, narrador oral e docente. Premio Abrente (ex aequo) con 'Fendas' e Premio Rafael Dieste con 'Despois das ondas'. Foi seleccionado polo INAEM no Programa Dramaturgias Actuales ('El hombre que soñaba con elefantes en las estrellas'), no grupo de escrita teatral DramaturXA do CDG ('Onde veñen morrer as baleas') e na bolsa Nuevas Dramaturgias de Euskadi ('Canciones amarillas para flores tristes'). Cofundador da compañía Feira do Leste, coa que estreou 'Exilio das moscas' e 'Tras Tannhäuser' (axudas á Creación Joven do INJUVE). Membro do consello de redacción da erregueté | Revista Galega de Teatro, colabora tamén coa Revista Grial e A Movida de Vigo.