Melendi, Viva Suecia e Love os Lesbian entre as primeiras confirmacións do Festival Portamérica
Os abonos para o festival Portamérica, que se celebra na Azucreira de Portas entre o 3 e o 5 de xullo, saen á venda o xoves 12 de decembro ás 13:00 h a través da web do festival.
Melendi, Love of Lesbian, Mikel Izal, Viva Suecia, CA7RIEL y Paco Amoroso, Alcalá Norte, Carlos Ares, Duncan Dhu, Iván Ferreiro, La La Love You, Marisa Valle Roso, Merino, No Te Va Gustar, Recycled J, Sidonie, Siloé, Travis Birds e Veintiuno son as primeiras confirmacións da 13ª edición do Festival Portamérica. Como vén sendo habitual nos últimos anos, o festival de Portas volve apostar polo eclecticismo nesta edición que se desenvolverá do xoves 3 ao sábado 5 de xullo.
A gastronomía será outro dos piares do evento. Comisariados por Pepe Solla, nesta edición participarán Jordi Roca, Albert Adriá e Begoña Rodríguez entre outros moitos chefs de renome que porán a guinda á festa. Os abonos saen á venda este xoves 12 de decembro ás 13:00 h a través da web do festival.