Macarena War, a batalla de baile para a que non fai falta saber bailar
O Macarena War é un día no que o baile e a música negra son as protagonistas. O vindeiro sábado 21, despois de toda a programación de tarde do Festival Ciclicka na zona de Velázquez Moreno, a festa trasladarase ao Mondo Club para vivir unha noite onde ficar quedo non é unha opción.
Para quen non o coñeza, o fío condutor desta festa é a danza e a liberación do corpo. Unha ocasión na que «bailaríns e bailongos» xúntase para demostrar as súas capacidades para facer un show que revolucione ao público.
Para aquelas persoas que aínda non se decataron, é o evento cos movementos máis tolos e reais da cidade! Un evento/batalla de baile en parellas onde se unirán a un/a bailarín/a cun bailongo/a nocturno. Si, esa clase de persoa que adica tódalas súas noites a bailar por todas as discotecas de Galicia.
Nesta quinta edición á organización faranos volver aos anos 70 e 80 cunha banda de soul e funk viguesa, BlackStereo, que se verá arroupada polo formato Soul Train onde a actitude, o groove e os movementos serán valorados por xente experta en vestiario, estilismo e danza.
Unha vez quentado o corpo, daremos paso á batalla Macarena con tres xuíces de luxo e o speaker Jesús Quereizaeta. A batalla non só será na pista, se non tamén por parte dos Djs Alfonso García Martín aka Fonkid e Víktor Flores que serán os encargados de poñer tema tras tema ata que saia o mellor da noite.
As inscricións para quen queira bailar pódense facer no correo ciclicka@gmail.com e as entradas anticipadas para o público pódense adquirir en https://www.woutick.es/?busqueda=Ciclicka .