Los Planetas, La Fura dels Baus e Les Luthiers encabezan a programación do Mar de Vigo
Xa se coñecen algunas das datas da programación de outono-inverno do Auditorio Mar de Vigo, que conta con actuacións e espectáculos de gran nivel como o de Los Planetas, La Fura del Baus, Coque Malla, Rozalén, Les Luthiers e a Orquestra de Instrumentos Reciclados de Cateura.
O principal auditorio de Vigo colle carrerilla para poñerse ao nivel doutras cidades, tal e como o demostran as últimas confirmacións da súa programación de outono-inverno. No eido da música, destacan os concertos de Los Planetas, na súa xira “XX Aniversario”, o 24 de novembro, o de Coque Malla o 26 de outubro e o de Rozalén o 6 dese mesmo mes, con máis do 80% das localidades esgotadas. Sen data confirmada aínda está o M Vigo, un espectáculo que prestará especial atención ás mulleres e que estará composto por artistas de pop, indie e flamenco.
Seguindo coa música, pero orquestral, un dos eventos máis especiais da programación chega o 28 de decembro coa Orquestra de Instrumentos Reciclados de Cateura, formada por rapaces e rapazas paraguaias do humilde barrio de Asución, que interpretarán con instrumentos do máis peculiares pezas de música clásica e de cancións populares máis actuais. Cabe destacar que é a única data en España ademais da do Teatro Real de Madrid. Tamén, desde o 11 de outubro ata xuño do 2019 teremos oito actuacións da Orquestra Sinfónica de Galicia.
En canto a espectáculos, chegan á nosa cidade a compañía teatral La Fura dels Baus, única parada en Galicia da súa xira Carmina Burana, con tres actuacións entre os días 30 de novembro e o 2 de decembro. Cun total de 7 actuacións entre o 27 e o 30 de setembro estarán The Hole Zero, versión renovada e distinta do clásico musical, que mesturará música, cabaret e circo.
A cabalo entre o teatro, o musical e a comedia están os míticos Les Luthiers, que volven a Vigo con tres actuacións do 16 ao 18 de novembro co seu show Viejos Hazmerreíres. Seguindo coa comedia, o Auditorio acollerá o show Monólogos Interruptus, de Dani Rovira, J. J. Vaquero e Iñaki Urrutia.
Para finalizar, tamén atopamos produtos dirixidos a un público máis familiar, como os musicais de Shrek o 27 de outubro, o de Caperucita Roja o 7 de outubro e o de Peter Pan, o 4 de novembro.
O Auditorio Mar de Vigo anuncia unha programación do máis variada e diversa, con espectáculos para tódolos gustos e idades. A intención tanto do Concello como do propio Auditorio é a de ser un referente cultural tanto en Galicia como no resto da península. Algúns destas actuacións xa teñen as entradas a venda, polo que recomendamos visitar a súa web antes de que se esgoten.