CAMELIAS MASCOTAS

O guitarreo de Little Steven inaugura os concertos de Castrelos

Pasaban poucos minutos das 22:30 da noite cando Little Steven subiu ao escenario de Castrelos coa forza dun ciclón. O guitarrista tardou pouco en encadilar ao público vigués que pronto comezou a moverse ao son do seu rock and soul setentero.
A guitarra de Steven soou con forza en Castrelos, Steven Van Zandt demostrou que continua a estar en plena forma aos seus 67 anos cun show que pasou as dúas horas de duración.
O carismático guitarrista da E Street Band de Bruce Springsteen estivo acompañado no escenario pola súa banda The Disciples of Soul, formada por máis de 10 membros. Están de xira por Europa no 2018 Soulfire Tour, disco do que tocaron tódolos temas. Pero tampouco faltaron os máis míticos de Steven que trouxo a Castrelos cancións dos seus inicios, na década dos 70.
O de Steven foi o primeiro dos dez concertos programados en Castrelos este verán. A vindeira fin de semana cambiamos totalmente de rexistro coa actuación de Serrat o sábado. Tras o concerto do cantautor catalán pasarán por castrelos Maná, Dorian e Zoé, Morat, Raphael, Lori Meyers, Juanes e OT (podes consultar as datas no noso calendario).

The following two tabs change content below.
Xornalista por vocación. Marchou a Londres estudar un master en Xornalismo Internacional e tras traballar varios anos en Barcelona nunha Asociación sen ánimo de lucro, decide volver ao seu Vigo natal. Na actualidade é unha das creadoras deste proxecto. O que lle permite desenvolver unha das tarefas polas que sinte maior paixón: contar historias relacionadas coa cultura e a movida da súa ben querida cidade olívica.