La Ventana de Gras: os recordos son para sempre
O obxectivo desta empresa familiar é capturar os mellores recordos dunha voda servíndose da fotografía, do vídeo e do dron. Neste último apartado a empresa foi pioneira, tal e como acabou facendo Joseph Nicéphore Niépce ao tirar unha foto desde unha ventá da súa casa de campo en Le Gras (Saint-Loup-de-Varennes, Francia) en 1826, creando a imaxe fotográfica máis antiga que hoxe se conserva e da que tomou nome esta empresa.
Os profesionais de La Ventana de Gras leva moito tempo formándose para ofrecer o mellor resultado, tanto técnico como artístico. O trato con cada parella é personalizado e próximo para conseguir imaxes naturais de todos os detalles e recunchos e, sobre todo, cheas de emocións. A celebración dun casamento é un día propicio sacar a lucir a creatividade ao se tratar dun evento moi persoal e con moitos momentos que fan de cada enlace unha ocasión única.
Un equipo humano prepara con moito esmero as imaxes de cada sesión. Ademais, a entrega está chea de detalles, como a presentación nunha caixa de madeira exquisitamente personalizada. Nas redes sociais da empresa pódense ver mostras de diferentes traballos que retratan sorrisos, bicos e aloumiños. Co paso dos anos, estes recordos perdurarán no niño de amor de cada parella.