REVISTA ABRIL

La Carpintería Gastrobar, mellor tapa da 6ª edición do Petisquiño

A tapa ‘Bagoaz’, elaborada por La Carpintería Gastrobar, álzase co premio á mellor tapa na sexta edición do Petisquiño, no que participaron un total de 52 locais. Outros dos establecementos premiados foron Pura & Concha, Trepia Gastronomía, La Central Gastro, María Manuela, La Pintxoteca, A Culler de Teresa, Calma Chicha e Nikko Espacio Gastronómico.

REVISTA ABRIL
A tapa ‘Bagoaz’ de La Carpintería Gastrobar, foi a vencedora desta edición

Esta mañá, no Mercado do Progreso, tivo lugar a entrega de premios aos gañadores da 6ª Edición do Concurso de Tapas de Vigo Petisquiño. Nesta edición participaron un total de 52 establecementos hostaleiros, situados no Casco Vello, Náutico, Centro, Casabranca – Corte Inglés, Bouzas e Lavadores, e desenvolveuse entre os días 17 de outubro e 10 de novembro.

A elección das tapas gañadoras foi determinada polos resultados obtidos das valoracións emitidas por un xurado profesional e paritario, composto por profesionais relacionados co mundo da gastronomía e restauración; e por un xurado popular, os propios cidadáns que degustaron as distintas elaboracións e depositado os seus votos nas urnas. Ambos os xurados tiveron en conta para a súa valoración os seguintes criterios: Calidade/Prezo, Presentación, Sabor e Calidade do Servizo por unha banda e innovación e tradición por outro.

Os galardóns foron repartidos da seguinte maneira:

  • Premio á tapa máis tradicional para PURA & CONCHA
  • Premio á tapa máis innovadora para TREPIA GASTRONOMÍA (un dos nosos locais recomendados)
  • Premio Vive Vigo á tapa con mellor presentación para LA CENTRAL GASTRO
  • Premio ao mejor maridaxe con Fraga do Corvo para MARÍA MANUELA
  • Premio á tapa máis popular para LA PINTXOTECA
  • Premio Estrella Galicia ao quinto Finalista á Mellor tapa para MARÍA MANUELA
  • Premio Estrella Galicia ao cuarto Finalista á Mellor tapa para A CULLER DE TERESA
  • Premio Estrella Galicia ao terceiro Finalista á Mellor tapa para CALMA CHICHA
  • Premio Estrella Galicia a segundo Finalista á Mellor tapa para NIKKO ESPACIO GASTRONÓMICO
  • Premio Estrella Galicia á mellor tapa para LA CARPINTERIA GASTROBAR RESTAURANTE