VIALIA
PLAYDOC

Jayhawks, Christina Rosenvinge, Los Estanques e Tallest Man on Earth, entre as confirmacións do TerraCeo

O Festival TerraCeo, que se celebra desde 2020 na terraza do Auditorio Mar de Vigo, vén de confirmar os primeiros 12 nomes que conforman o cartel desta nova edición, entre os que atopamos nomes vigueses, galegos, estatais e internacionais. Polo momento abren o ciclo os muradáns The Rapants o 11 de maio e péchao o sueco The Tallest Man on Earth, xa en setembro. As entradas xa están á venda.

A banda africana Tinariwen na última edición do TerraCeo | P. Cermeño

Unha das poucas cousas boas que trouxo a pandemia da Covid-19 foi a creación do festival TerraCeo, un ciclo de concertos que reactivaba a música en directo naqueles tempos complicados e que, co paso dos anos, ofreceu unha interesante e variada oferta musical nos meses estivais. Esta nova edición, que comeza en maio e remata en setembro, propón desde artistas locais como Rebeliom do Inframundo ata músicos internacionais con exitosas traxectorias, como The Jayhawks ou The Tallest Man on Earth. A proposta semella que está a funcionar: o ano pasado movilizou a máis de 11.000 espectadores.

REVISTA MAIO

Os encargados de abrir o ciclo o 11 de maio serán os muradáns The Rapants, que desde o ano pasado están a arrasar todo escenario ao que suben. A partir de aí sucédense grandes nomes nacionais (Los Secretos con Pancho Varona, Christina Rosenvinge, Los Estanques, Niño de Elche, Carlos Tarque, Ángel Stanich…) e internacionais (aos xa mentados antes sumamos o de José James). As entradas xa están á venda, con prezos que oscilan entre os 20 e os 40 euros. Nas próximas semanas irán sumándose novos artistas ao cartel.

The Rapants no festival EmigraSON | P. Vázquez

11/05 The Rapants
24/05 Rebeliom do Inframundo
31/05 Ángel Stanich
01/06 Los Secretos e Pancho Varona
08/06 Niño de Elche
14/06 Christina Rosenvinge
15/06 The Jayhawks
20/07 José James
21/07 Tarque y la Asociación del Riff
27/07 Los Estanques
30/08 Niña Polaca
07/09 The Tallest Man on Earth