CAMELIAS MASCOTAS

Iniciativas viguesas que molan

En pleno confinamento polo estado de alarma que estamos a vivir, o inxenio agudízase e xorden numerosas inicitaivas para facer o encerro menos duro. Desde literatura, baile ou arte, as redes sociais énchense de creatividade para que pasemos as horas nestes tempos difíciles.

Se hai alguén que leva peor estes días de confinamento son aqueles cativos que non gozan dunha boa saúde e están no hospital Álvaro Cunqueiro. Todas as semanas recibían a visita dos pallasos de Galiclown pero agora levan un tempo sen poder velos, así que a estes pallasos se lles ocorreu unha idea para poder seguir animando aos máis pequenos aínda que sexa de xeito “virtual”. Para elo só hai que contactar coa asociación e eles mesmos se encargan de organizalo e romper coa rutina do hospital.

O 13 de abril de 1972 deixábanos Avelino Cachafeiro Bugallo, o famoso gaiteiro de Soutelo, e este luns 13 de abril de 2020 Ruben Troitiño (gaiteiro, mestre e técnico de son) quixo facer unha pequena homenaxe ao que foi e será un dos mellores gaiteiros de Galicia ademáis dun referente para moitos gaiteiros. Aquí poder ver o vídeo de Estroupeles-troupele.

Para aqueles que queren mover o corpo, Artur Pastoriza Puga dá clases de baile galego tanto no seu Facebook como no Instagram.

Baixo o cancelo #corentenaliteraria, o escritor Diego Giráldez anima aos escritores e escritoras galegos a recitar en alto fragmentos dalgún libro propio ou alleo. Podes seguilos ou unirte a esta iniciativa buscando o cancelo #corentenaliteraria no Twitter, no Facebook ou no Instagram. Aquí, Francisco Castro, sube a súa conta de YouTube un vídeo onde le fragmentos do seu último libro Tantos anos de silencio.

Por otra banda, a artista Lupita Hard propón aos seus seguidores converter os balcóns en espazos expositivos e anima a que colguemos obras de arte ou fotografías para que as vexan os nosos veciños.

Desde a conta de Instagram @sesemateo animan aos seus seguidores a recitar poemas de No camiño do vento, o libro póstumo desta redondelá vítima da violencia machista.

Nestes días moitos profesionais do deporte axúdannos a mover o corpo dentro das nosas casas e no ximnasio ifitcenter de Vigo o fan dunha forma moi especial. Todos os días ás 10 da mañá, soben un vídeo a súa canle de YouTube con exercicios para persoas con mobilidade reducida e que eles tamén poidan adestrar nas súas casas.

REVISTA NOVEMBRO

A blogger Marta Valcarce , na súa conta de @mecomovigo, conecta en directo con diferentes vigueses emprendedores que nos axudarán a manter o corpo e a mente en liña nestes días de confinamento. Alimentación, saúde, cosmética… cun calendario que irá actualizándose.

Es fan das listas? Aquí traemos unha conta de Instagram donde enumeran cousas ben orixinais para facer estes días.

E como a creatividade estes días non para, iremos actualizando con todas aquelas inciativas ou movementos nacidos na nosa terra.