CIRCO DE NADAL
CAMELIAS NADAL

Inaugurado o gastromercado do Berbés

A gastronomía gourmet chega a un dos espazos máis emblemáticos da cidade, o Mercado do Berbés. A tradicional praza de abastos combina dende hoxe os postos de produto fresco cun espazo na planta superior dedicado ás propostas gastro e ás actividadades lúdicas.

Hoxe ás doce do mediodía inaugurouse o gastromercado do Berbés. Un espazo situado no andar superior do tradicional mercado que reúne as propostas gastronómicas de sete restaurantes. Podemos degustar especialidades creadas en base ao queixo no ‘Cheese lar, Alareira & Cortes Muar’ que tamén ofrece outros petiscos elaborados con carne de vacún. A comida asiática estará presente no ‘Hei Wok’, as burguers de ‘La Pepita’, pizza ao corte con ‘Luigi’s’, croquetas gourmet da man de ‘A Riquiña’. E tamén haberá espazo para produtos tan galegos como o polbo que o poderemos probar no ‘De pata en pata’ e as empanadas de ‘Trisca’. Pero non todo vai ser comer, o mercado conta cunha ampla oferta de cervexas tanto galegas como alemás, irlandesas, belgas e escocesas, ademais de viños e sidras.
Na inauguración participou o alcalde de Vigo, Abel Caballero, que resaltou a importancia do edifico na historia da nosa cidade e que vaticinou que grazas a esta iniciativa o mercado se converterá nun punto de encontro ineludible para todos os vigueses. A rehabilitación total do Mercado do Berbés supuxo 2,5 millóns de euros, unha acción que segundo Caballero “deixa patente o compromiso do goberno local co pequeno e o mediano comercio”.
Tras o acto de inauguración unha das bandas co conservatorio Mayeusis quedou amenizando o ambiente. Unha actuación que non será a última, xa que o gastromercado do Berbés aspira a converterse nun espazo cultural no que teñan lugar concertos, espectáculos e demostracións de cociña. As paredes do espazo tamén rezumarán arte coa exhibición de exposicións itinerantes. Agora mesmo recollen unha expo de fotos nas que a temática non podía ser máis acaída para o mercado do Berbés: o mundo do mar.