CAMELIAS MASCOTAS

Homenaxe a Jesús Mosterín nas XXV Xornadas de Filosofía

Durante os días 15, 16, 17 e 18 de outubro terán lugar no Auditorio Municipal do Concello as XXV Xornadas de Filosofía, un evento promovido polo Grupo Aletheia que servirá de homenaxe ao filósofo e catedrático Jesús Mosterín. Un grupo de invitados de primeiro nivel situará a Vigo a nivel nacional como a capital filosófica durante catro días.

Jesús Mosterín será a figura homenaxeada nestas Xornadas

Baixo o nome de Ciencia, filosofía e racionalidade, título dun dos libros de Jesús Mosterín, o Grupo Aletheia pretende homenaxear a este filósofo bilbaíno finado o ano pasado. As súas reflexións sempre estiveron a cabalo entre a ciencia e a filosofía, dous termos que semellan tan alonxados pero á vez tan achegados. Mosterín era un habitual destas Xornadas e un dos filósofos españois máis influintes das últimas décadas.

Do luns 15 ao xoves 18 o Auditorio do Concello convertirase nun oasis para a reflexión, brindando aos presentes unha serie de relatores de luxo chegados de toda a península. A entrada será de balde para todas as charlas e coloquios, e como novidade, os alumnos e alumnas da UNED poderán convalidar créditos acudindo a estes relatorios.

O primeiro día terá lugar ás 16:30 a presentación do evento, tras a que virán as charlas de José Manuel Sánchez Ron (Jesús Mosterín e a ciencia) e Antoni Fontdavila (Homo racional frente a Homo emocional: Un enfoque evolutivo). O martes terán a palabra Victoria Camps (A racionalidade práctica de Jesús Mosterín) e Javier Sádaba (Filosofía da cultura en Jesús Mosterín), mentres que o mércores serán Ignacio Morgado (Sofren os animais como as persoas?) e Anna Estany (Epistimoloxía de deseño: unha aposta á racionalidade práctica) os encargados de reflexionar sobre os distintos temas.

REVISTA NOVEMBRO

Por último, o xoves serán Emilio Ambrosio (Racionalidade práctica en animais) e Adolf Tobeña (A agresión animal e a violencia) os encargados de poñer punto e final aos relatorios destas vodas de prata da filosofía viguesa, xusto antes da Clausura oficial das Xornadas. Despois de cada charla haberá un coloquio dunha media hora no que debatir e reflexionar sobre todo o tratado con anterioridade.

Programa completo:

Día 15 
16.30h. Presentación das XXV Xornadas de Filosofía
17.00h. José Manuel Sánchez Ron: Jesús Mosterín e a ciencia
18.00h. Coloquio
19.00h. Antoni Fontdevila: Homo racional frente a Homo emocional: Un enfoque evolutivo
20.00h. Coloquio
20.30h. Final xornada
Día 16
17.00h. Victoria Camps: A racionalidade práctica de Jesús Mosterín
18.00h. Coloquio
19.00h. Javier Sádaba: Filosofía da cultura en Jesús Mosterín
20.00h. Coloquio
21.00h. Final xornada
Día 17
17.00h. Ignacio Morgado: Sofren os animais como as persoas?
18.00h. Coloquio
19.00h. Anna Estany: Epistemoloxía de deseño: unha aposta á racionalidade práctica
20.00h. Coloquio
21.00h. Final xornada
Día 18 
17.00h. Emilio Ambrosio: Racionalidade práctica en animais 
18.00h. Coloquio
19.00h.  Adolf Tobeña: A agresión animal e a violencia humana
20.00h. Coloquio
21.00h. Clausura das XXV Xornadas