VIALIA
bannerPicnicSesions

Heredarás el cosmos, de Anómico Teatro

«Un día me planté en mitad de la calle y dije: ¿podríamos parar, por favor? Lo dije en voz alta, como si al alzar la voz pudiera compartir mis palabras con el grupo. ¿Pero qué grupo? No había grupo, solo personas luchando por abrirse camino. Cuando las ovejas pasan mucho tiempo dentro de un redil, comienzan a dar vueltas, es como si perdieran la cabeza, dan vueltas todas a la vez, de manera ordenada, y en sentido inverso a las agujas de un reloj, como tratando de regresar al lugar donde se perdieron.».

Teatro Ensalle acolle a estrea de Heredarás el cosmos. (Análisis pormenorizado de una foto), o último espectáculo de Anómico Teatro. A compañía de Julio Fernández Peláez, un dos grupos residentes do espazo escénico da rúa de Chile, presenta nesta nova montaxe unha reflexión sobre a destrución do rural e do sentido de comunidade por parte do capitalismo salvaxe. A viaxe que nos propón Anómico parte do ollar do neno que foi Julio, rexistrado nunha fotografía en branco e negro, última testemuña dun mundo e dun tempo desaparecidos.

Coa música de Roberto García de Mesa, o canto de Sandra Moya, a colaboración documental de Myriam López Domínguez e a dirección técnica de Jaume Blau, Heredarás el cosmos continúa coa liña de compromiso artístico e político que Anómico Teatro leva explorando anos nas montaxes que transitan entre a escena e a poética.

REVISTA ABRIL

Data e hora: Venres 19, sábado 20 e domingo 21; ás 20h

Lugar: Teatro Ensalle

Entradas:10,00 €

The following two tabs change content below.

Ernesto Is

É dramaturgo, narrador oral e docente. Premio Abrente (ex aequo) con 'Fendas' e Premio Rafael Dieste con 'Despois das ondas'. Foi seleccionado polo INAEM no Programa Dramaturgias Actuales ('El hombre que soñaba con elefantes en las estrellas'), no grupo de escrita teatral DramaturXA do CDG ('Onde veñen morrer as baleas') e na bolsa Nuevas Dramaturgias de Euskadi ('Canciones amarillas para flores tristes'). Cofundador da compañía Feira do Leste, coa que estreou 'Exilio das moscas' e 'Tras Tannhäuser' (axudas á Creación Joven do INJUVE). Membro do consello de redacción da erregueté | Revista Galega de Teatro, colabora tamén coa Revista Grial e A Movida de Vigo.