VIALIA
PLAYDOC

Guía práctica para O Son do Camiño

Do xoves 15 ao sábado 17 de xuño celébrase no Monte do Gozo, en Santiago de Compostela, un dos festivais máis multitudinarios do páis: O Son do Camiño. Compartimos unha serie de consellos e datos de interese para ir preparados ao evento.

Que tipo de comida haberá nos distintos Food Trucks?

Nos Food Trucks atoparemos unha gran variedade de opcións. Desde propostas de street food (bocadillos de salchicha, hamburguesas, patacas fritidas, bocadillos, pizza…) a comidas mais tradicionais, así como postos de pratos máis exóticos: mexicano, asiático… Haberá opcións de comida vegana e para celíacos e intolerantes á lactosa.

Cómo funciona o sistema cashless ?

Nesta edición os tokens sustituiranse polo sistema cashless. Cada asistente recibe unha pulseira persoal e intransferible que equivale á entrada e que se debe conservar ata a finalización do evento, tanto para poder acceder aos concertos como á zona de descanso. Esta pulseira é a única forma de pagamento aceptada en todo o recinto. A recarga previa está dispoñible na web antes do evento e tamén nos postos de recarga do recinto durante o festival.

Cómo son as zonas de descanso?

Existen dúas opcións: zonas de descanso e glamping. Ambas as dúas están situadas no Monte do Gozo, a escasos metros do recinto de concertos, e contan con todos os servizos necesarios (aseo, ducha, punto de información, seguridade, recepción…). A do glamping é unha área máis confortable, onde todas as necesidades están cubertas: unicamente temos que chegar e deixar a mochila na tenda; é a mellor opción de aloxamento para non cargar coa tenda de campaña. Ambas opcións precisan tickets á maiores do abono ou entrada ao festival.

Panorámica do Monte do Gozo | Toni Villen

Como chegar ao recinto?

Chegar ao festival é moi fácil grazas ás diferentes opcións de transporte: aparcadoiros, liñas de autobús regulares e paradas de taxi.

  • Autobuses: Lanzadeira E1: Desde a Cidade da Cultura ata San Lázaro; Lanzadeira E2: Desde a Estación Intermodal ata a Avenida de Fernando Casas Novoa; Lanzadeira E3: Desde o Multiusos do Sar á zona de descanso do festival; e Liñas 6 e 7.
  • Aparcadoiros: Multiusos Fontes do Sar, Cidade da Cultura (Gaiás), Área de estacionamento de Santa Marta e Pontepedriña e Estadio Vero Boquete de San Lázaro.
  • Taxis: parada específica na rúa Paulo Coelho xunto a Av. San Marcos. 

Cal é o kit festivaleiro imprescindible?

Calzado cómodo, crema solar, documentación, lentes de sol, e gorra e documentación. E o abono ou entrada, claro! Para nos instalar na área de descanso, non debemos esquecer levar unhas bolsas para o lixo, un colchón inchable ou unha esteira, unha mochila, e un neceser con produtos de hixiene persoal, provisións de comida, un saco de durmir e unha tenda de campaña.

Gústanme as bandas máis ben guitarreiras. Cales non debería perderme?

REVISTA MAIO

Se somos algo puretas e preferimos o rock e o indie ás músicas urbanas, hai bastante onde escoller: entre as bandas internacionais quedamos con Alt-J, Wolfmother, Royal Blood, Kaiser Chiefs ou The Kooks. Se miramos para España e Galicia poden interesarnos Leiva, Viva Suecia, Vetusta Morla, The Rapants, Xoel López, Ginebras ou Niña Polaca.

E bandas galegas?

Ademais das xa mentadas The Rapants e Xoel López, a nosa música está representada por Fillas de Cassandra, Sila Lua, Babykatze, Galician Army e dani.