VIALIA
PLAYDOC

Guía do Nadal en Vigo

Hoxe, venres 24 de novembro, ás 20:00 encéndese o Nadal en Vigo. Once millóns e medio de LEDS deslumbrarán a locais e visitantes durante mes e medio. Aquí deixamos unha pequena guía con todas as actividades e recomendacións para gozar destas festas na cidade.

PUNTO CERO: A ÁRBORE DA PORTA DO SOL

Con corenta e catro metros de altura e coroada por unha estrela de dezanove metros, a árbore situada na Porta do Sol, volve ser un dos puntos clave do Nadal en Vigo. A banda sonora deste ano estará composta polos temas: ‘Happy Christmas’ de John Lennon, ‘All I want for Christmas is you’ de Mariah Carey, ‘Englishman in New York’ de Sting, o Valls número dous de Dimitri Shostakovich e as bandas sonora de ‘Piratas do Caribe’ e ‘O último mohicano’.

Cal será o horario da iluminación? As luces encenderanse tódolos días ás 18:30 h e permanecerán acesas ata -as 00:30 de domindo a mércores e ata as 2:00 h de xoves a sábado, festivos e véspera de festivo. Ademais, os días grandes do Nadal: 23, 24, 25, 30 e 31 de decembro; e 1, 5 e 6 de xaneiro as iluminación non se apagará ata o amencer.

A NORA XIGANTE

Outro dos clásicos é a gran nora que volve estar situada no cruce entre as rúas Concepción Areal e Colón e desde a que temos unha espectacular vista sobre a cidade e a ría a 60 metros de altura.
Horarios:
-Luns a xoves de 17:00 h a 22.30 h, ata o 20 de decembro. Desde esa data o peche será ás 23:30 h
Venres, sábados e véspera de festivo de 11:00 h a 00:30 h.
-24, 31 de decembro e 5 de xaneiro de 11:00 h a 20:00 h horas.
Prezos:
-Ordinario: 5,00 €
-Familias numerosas e Pass Vigo: 4,00 €
-Persoas con mobilidade reducida e acompañantes, así como acompañantes de menores: gratis.

Este ano, suprímense as atraccións más ruidosas que rodeaban a nora; no seu lugar instálase ‘Dinoworld’, unha exposición de dinosauros.

OS MERCADOS

Volve o Cíes Market a Alameda aínda con menos número de postos para facilitar a mobilidade, este ano haberá noventa casetas e non haberá escenario central como o ano pasado. A peonil do Calvario tamén acollerá este ano un mercado no que atoparemos produtos típicos do Nadal e artesanías. Aquí podes ver os nove mercados que haberá en Vigo no próximo mes e os seus horarios.

O NADAL TREN

Ofrécense dous percorridos, un con saída desde a praza de Compostela e outro desde a praza de Independencia.

Percorrido 1: Praza de Compostela Nº 6, Reconquista, Policarpo Sanz, Colón, Urzaiz, Plaza Fernando Católico, Gregorio Fernández, Vía Norte, Urzaiz, República Argentina, García Barbón, Policarpo Sanz, Velázquez Moreno e Praza Compostela nº6.

Percorrido 2: Pintor Lugrís, Plaza Independencia, Avenida Camelias, Plaza de América, Lopez Mora, Camelias, Alvaro Cunqueiro, Camelias, Plaza Bicentenario, Camelias, Romil, Pi y Margall, Lopez Mora, Pintor Lugris.

Horario:
-Laborais desde ás 17:00 h cada trinta minutos
-Fins de semana ás 11:00 h cada trinta minutos

Prezo:
-Ordinaria: tren 1- 5,00 €, tren 2 – 4,50 €
-Infantil: 3,00 € 
-Maiores de 65 anos e persoas con mobilidad reducida: 4,00 €
-Familias numerosas: 4,00 € adultos, 2,00 € menores de 2 a 6 anos.
-Nenos menores de 2 anos e acompañantes: gratis.

AS LUCES DESDE A RÍA

Tanto a Naviera Nabia como Mar de Ons volven a ofrecer a oportunidade de gozar das festas desde a ría. O barco solidario de Nabia sairá cada día do Peirao de Trasatlánticos ás 19:00 h e ofrece unha viaxe na que degustaremos un chocolate con churros e os pequenos poden escribir a carta a Papa Noel. O Barco do Nadal de Mar de Ons arranca mañá (sábado 25) as viaxes nas que se ofrece un viño quente, pastas e moita diversión!

CIRCO DE NADAL

Volve a Avenida de Castelao e promete máis adrenalina que nunca antes. Desde o sábado 2 de decembro e ata o 14 de xaneiro ofrece pases diarios nos que acróbatas e equilibristas deixarán ao público sen respiración. Accede a reserva das entradas nesta ligazón.

PISTA DE PATINAXE E KARTS

Aqueles que desfruten deslizándose polo xeo teñen unha cita en Samil, onde xa está instalada a tradicional pista de xeo.

Horario:
-Luns a venres: 16:30 h a 22:00 h.
-Sábados, domingos e festivos: 11:00 h a 22:30 h.
-Vacaciones escolares, todos os días de 11:00 h a 22:30 h.
-25 decembro, 1 e 6 de xaneiro de 14:30 h a 22:30 h.

Prezo:
-Ordinario: 8,00 €
-Persoas con discapacidade e familias numerosas: 6,00 €
-Grupos escolares, Ampas, federacións: 3,00 €.
-Personas con mobilidade reducida e cadeira de rodas, acompañantes de menores e de persoas con discapacidade: gratis.

PAPANOLEADA MOTERA

Miles de Papa Noel en moto volverán encher as rúas da cidade o sábado 23 de decembro, na 13 edición da Papanoleada Motera, que sairá de Navia ás 16:00 h en dirección ao centro da cidade. O único requisito para poder participar e ir correctamente ataviado e levar un kilo de comida para doar ao Banco de Alimentos.

SAN SILVESTRE

Para despedir o ano facendo un pouco de deporte podemos participar na carreira máis festiva do calendario runner. O último día do calendario milleiros de corredores atravesarán as rúas da cidade disfrazados e con ganas de pasalo ben!

CABALGATA DE REIS

O Concello xa anunciou que este ano volverá a repetirse a fórmular de cabalgata estática durante a mañá e as primeiras horas da tarde o 5 de xaneiro e cabalgata dinámica desde Coia ata o centro de Vigo pola tarde. Este ano a temática das carrozas xira arredor do mar e a fantasía.

CONCERTOS E ESPECTÁCULOS

REVISTA MAIO

Durante estas datas multiplícase a oferta cultural. O Auditorio Mar de Vigo ten programados para decembro e xaneiro multitude de espextáculos entre os que cabe destacar a actuación do Gran Circo Acrobático de China ou o concerto de Aninovo de Johan Strauss. Tamén ofrece unha gran variedade de espectáculos infantís como o show de Pica Pica ou o musical de Charlie y la fábrica de chocolate. Podedes consultar aquí o programa completo. En Beiramar a sala Ártika lanza un ano máis o Festival Pequeártiko dirixido ao público familiar con funcións todas as semanas.

É tamén un bo momento para visitar as salas de concertos que ofrecen unha gran variedade de música ao vivo como a Kominsky ou a Rebullón e pistas de baile como a da Doppler ou Molotov.

Este Nadal espérase que un gran número de persoas se achegue a cidade polo que a recomendación xeral é empregar o transporte público (aínda que os horarios de autobús poden sufrir modificacións debido a folga de Vitrasa) ou na medida do posible desprazarse a pé. Nesta ligazón pódese consultar os cortes de tráfico previstos durante estas datas.